martes

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2017. ACTUACIÓNS MUSICAIS

Actuacións preparadas nas clases de música:

"A cor do osiño polar", canción de Susa Herrera e Mamá Cabra, do libro-disco "Cartas que veñen e van" interpretada polo alumnado de E. Infantil:



Adaptamos a canción de Almudena Janeiro "A princesa do Caurel", do libro disco "Máis contos en cantos"ao grupo de 1º de E. Primaria e inventamos un final á canción similar ao do conto.
Así de ben a cantamos!!!




Coa canción "Un libro", de Paco Díaz, do libro-disco "Tic-tac" preparamos esta coreografía. Porque estamos na biblio, porque queremos aos libros e porque disfrutamos do ritmo.


 


En 3º de Primaria escollimos o conto "O paseo de Rosalía" para escribilo en verso, poñerlle música e cantalo-contalo para tod@s no festival. Disfrutádeo.







En 4º preparamos unha pequena peza interpretada coas frautas doces e incluímos un recitado musical de despedida do curso.





"O talismán" é unha preciosa lenda dos indios de Norteamérica que escribimos en verso e musicamos coa melodía da canción "La vasija de barro".





E para recordar a canción que preparamos polas Letras Galegas e que gravamos en vídeo con Guadi Galego e Ramón Bermejo, 5º e 6º interpretó para tod@s "Chea de vida".


No hay comentarios:

Publicar un comentario