Conmemoramos esta semana, o alumnado de 1⁰ ciclo, mergulláronse no mundo da prensa escrita a través do xénero xornalístico.
Non só coñeceron, analizaron e exploraron as súas características se nón que tamén levaron a cabo unha proposta divertida e creativa que lles permitiu dar renda solta a súa imaxinación.
Crearon a súa propia sección de sucesos empregando a técnica de Gianni Rodari; "Titulares Tolos".
O resultado foi moi divertido, cheo de ocorrencias moi orixinais.
Ademais, o alumnado desde terceiro ata sexto de primaria participou nunha actividade moi creativa na biblioteca do centro.
Durante a sesión, explicóuselles que tiñan que elaborar unha noticia a partir de recortes de xornais proporcionados polas mestras.
A partir deses materiais, os alumnos/as tiveron que construír a súa propia noticia, respondendo ás preguntas básicas do xornalismo: onde?, quen? e como? Cos datos recortados de diferentes xornais.
A actividade partía dun elemento moi divertido: un titular absurdo que cada nen@ sacaba ao chou dun sobre, a partires del, o alumnado tiña que desenvolver a noticia como se fose real, deixando voar a súa imaxinación pero mantendo a estrutura propia dun texto xornalístico.
Esta proposta resultou moi motivadora, xa que permitiu traballar a comprensión dun xornal, a expresión escrita e a creatividade dun xeito lúdico e participativo pois tamén ilustraron cada noticia.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que achegou o mundo do xornalismo ao alumnado, ao tempo que gozaban creando as súas propias historias cun toque de humor.












Ningún comentario:
Publicar un comentario