O pasado venres celebramos o Festival de Nadal no noso cole. Como tódolos anos foi unha oportunidade para que toda a comunidade puidésemos compartir un ratiño de celebración e desfrute coas actuacións que realizou o alumnado e cunha rica merenda facilitada pola ANPA.
Un ano máis, aproveitamos o 25 de Novembro para recordar a importancia de desenvolvernos nun ambiente fóra de estereotipos e micromachismos e fixémolo realizando as actividades de FEANPAS, que consistía na reflexión sobre os micromachismos construíndo un pequeno megáfono.
Ademáis todo o alumnado do centro elaboraron e deseñaron unhas chapas para dar proxección á mensaxe fóra do centro.
O 20 de Novembro conmemórase o Día Mundial da Infancia, sendo este un día para promover e defender os dereitos das nenas e os nenos a nivel global.
No noso cole aproveitamos a temática do Proxecto anual para crear un mural onde as nenas e os nenos recordan algúns dos dereitos que consideramos fundamentais.
Ademais todos os membros/as da comunidade educativa puxémonos a disposición da profe Montse, aportando imaxes actuais ou "da nosa infancia" para crear un marabilloso video que podedes desfrutar a continuación:
O pasado venres 14 de novembro festexamos a "Esfolla" no noso cole. A Esfolla é unha tradición rural galega vinculada á colleita do millo.
Grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón este ano a rapazada desfrutou e coñeceu actividades típicas desta festa. Distribuímonos en seis grupos que rotamos por seis talleres que detallamos a continuación:
O pasado xoves 30 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no colexio. Dúas conmemoracións características do época do ano na que nos atopamos.
Comezamos cunha merenda que nos proporcionou a enerxía necesaria para unha mañá chea de actividades. A ANPA deunos boliños de pan, batido e castañas. Estaba todo riquísimo!
Xa cheos de enerxía realizamos unhas actividades características destas celebracións
O pasado mércores desfrutamos do Samaín no cole de Franza. O Samaín é unha festa que marca o final da época de colleitas e o inicio da "metade máis escura do ano".
Este curso contamos coa Asociación Cultural Apelón que conseguiu que a nosa biblioteca se convertese nun espazo cargado de mística e tradición cunha incrible ambientación e posta en escena.
Houbo tempo para os "contos de medo" cos maiores do colexio e os máis pequechos desfrutaron de clásicos adaptados á súa idade e gustos.
Sen dúbida, unha experiencia moi positiva que, grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón, nos permitiu conmemorar o Samaín no colexio.
Dita presentación da coñecer aos alumnos/as un pouquiño máis da nosa cultura tradicional, a través da lectura e comprension da información relacionada con cada festa, do recitado de coplas e refráns, observación das obras artísticas de pintura e das actividades finais.
Alunhas destas festas celebrarémolas no cole. Estades preparados?
O pasado 24 de outubro celebramos “O día das Bibliotecas
Escolares” e aproveitamos para presentar o proxecto do curso actual.
A nosa mascota Pulpi convocounos na biblioteca
despois do recreo.
Mediante unhas probas que os alumnos/as
resolveron en pequenos grupos coñecemos que o título do noso proxecto anual “ImaxinARTE”,
tiveron que decorar un mural co título e obtiveron como recompensa o carné do
artista.
Ao longo do curso deberemos superar probas e converternos en auténticos
artistas.
Para rematar o curso, o último día, desfrutamos dunha xornada tecnolóxica a cargo da empresa Espacio Vivo, na que, o alumnado puido realizar diversas actividades, distribuidos en pequeno grupo, como programación de robots, xogo de legos, creación de animais con plastilina conductiva e leds de cores, taller de barro con torno, montaxe de circuitos mecánicos a base de resistencias e cadeas, etc...
Un ano máis deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lecturas para o verán, ademais dalgunha suxerencia de xogos e música para disfrutar en familia ou amigos.
Como cada ano escollemos o mellor do mellor e o máis suxerente da oferta editorial para cada idade e intentando que os libros que vos suxerimos sexan deses que vale a pena "ter en propiedade" formando parte da biblioteca da casa. Pequenos-grandes tesouros.
Este curso, unha das liñas do Plan de Formación Permanente do Profesorado do noso centro, centrouse na formación dos docentes para levar a cabo unha mellor atención e inclusión do alumnado TEA.
Aqui vos deixamos unha mostra de todo o traballo elaborado durante o curso.
O proxecto do centro deste curso ten como contido vertebrador Aaugae de aí o seu título: Operación H2O
Partindo do lema “Auga para a PAZ”, plantexamos trimestralmente pequenas cuestións ou retos relacionadas con información sobre a auga e o seu consumo responsable ,para que o alumnado dos distintos ciclos, en pequeno grupo ou de mameira individual fose buscando a resposta das cuestións que aparecian no taboleiro do vestíbulo.
Outra das actividades que trouxo a profe Thais, cando viaxou a Italia, nunha mobilidade de Erasmus+ foi a lectura do conto italiano "Sulla Collina", dos autores Linda Sarah e Benji Davies.
Aquí vos deixamos o video do conto por se o queredes escoitar de novo.
A partir desta lectura, levouse a cabo un Obradoiro de reciclaxe e creatividade con caixas de cartón e material de refugallo diverso... onde o alumnado de 1º. 2º e 3º de E.P, distribuidos en pequenos grupos, puido mostrar toda a súa imaxinación e creatividade nesta actividade.
Aquí vos deixamos unha mostra, do que desfrutaron facendo esta actividade:
Na aula de A.L, este curso, traballamos dunha forma máis sensorial e lúdica.
Aquí vos deixamos unha mostra das actividades de iniciación a lectoescritura, de numeración, de conteo, de atención e lóxica, de conceptos básicos como as cores, os tamaños etc.. levadas a cabo na mesa de luz.
Un dos obxectivos do Plan dixital do centro é "Fomentar o traballo do pensamento computacional na etapa de E.P, compartindo as practicas realizadas coas familias", debido a isto, en todos los ciclos de EP, leváronse a cabo diferentes actividades para favorecer o pensamento computacional do noso alumnado.
Unha mostra disto a podedes ver nas seguintes fotos: