martes

ENTREVISTA A XULIO ESMORÍS, MARISCADOR DA COFRADÍA DE BARALLOBRE.

 Este mes, visitou a nosa radio escolar, Xulio Esmorís, un mariscador da cofradía de Barallobre.

O alumnado de 1º e 2º de E.P fixéronlle unha entrevista que podedes escoitar clicando na seguinte imaxe. 


Moita grazas, Xulio. Aprendimos moito coa túa visita!

domingo

CHARLA: O GOLFIÑO MANOLIÑO

 O pasado venres, acudimos a biblioteca do cole para escoitar unha charla por parte de Laura, unha veterinaria, que nos falou sobre o Golfiño Manoliño, un arroaz moi especial e moi traveso, que vive na Ría de Ferrol e Mugardos. 

Aprendimos moito sobre as especies que habitan na nosa ría e resolvimos moitas dúbidas sobre os golfiños e en concreto sobre Manoliño, sensibilizando ao alumnado sobre o coidado das especies mariñas protexidas da nosa contorna.



xoves

LETRAS GALEGAS. CANTAREIRAS, POESÍA POPULAR ORAL

 Este ano, o Día das Letras Galegas, é unha homenaxe as Cantareiras e a poesía popular oral. 

No seguinte video vos mostramos todo o que fixemos para conmemorar, a elas, e as nosas letras.





martes

PROXECTO: OPERACIÓN H2O (SALVANDO PALABRAS)

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega plantéase esta actividade para traballar vocabulario non utilizado ou non coñecido polo noso alumnado.

Esta actividade tomou un carácter interdisciplinar pois incluíronse tarefas traballadas dende Biblioteca creativa e Polos creativos.
Cada grupo clase escolleu palabras non coñecidas que queríamos "Salvar" relacionadas co tema do proxecto anual sobre a auga: Operación H2O, e a partires de aí, fixemos distintas tarefas: un cartel en cada aula, deseño das palabras no Inkscape e coa cortadora láser... gravamos as palabras en goma eva con diferentes cores, estas pasaron a colgarse nun mural con soporte de madeira e aquí lucirán as palabras cun QR donde se poden ver os vídeos que tamén se gravaron por parellas coas explicacións dos nen@s sobre o vocabulario aprendido.

Esta estructura pretende seguir recollendo en cursos seguintes máis palabras doutros posibles temas.












luns

OS MAIOS

  Esta é unha festa grande no noso cole dende hai anos, e  tivemos a gran sorte de poder celebrala, un ano máis, na Regueira.

Tamén, tivemos a sorte de poder contar coa Asociación Cultural Apelón do Concello de Mugardos que elabora os maios para adornar, aporta parte da merenda e tráenos ao Grupo de gaitas Trouleada que ameniza o percorrido e fai posible que bailemos con música en directo.

Previamente á celebración preparámola como é debido.

Nas clases de música, cada clase preparou a coreografía utilizando paus, arcos ou cintas. A música escollida para os bailes foi (como en anos anteriores) a Muiñeira de Chantada e ademais, versionamos entre tod@s a canción Maios do grupo Habelas Hainas.

Pasámolo xenial!!


 





 

mércores

PROXECTO: OPERACIÓN H2O (O CICLO DA AUGA)

 Dentro do noso proxecto Operación H2O, o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P, realizaron unha maqueta para explicar, dunha forma máis práctica e visual, o Ciclo da auga.

Na seguinte presentación vos contamos o "Como se fixo", desta maqueta tan creativa.



O ciclo da Auga de Thais Amenedo

Pero... que é o Ciclo da auga? 

A continuación, vos mostramos un video onde o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P, o explican moi ben. 
Estade moi atentos e atentas, que ao final vanvos facer unhas cuantas cuestións. 
Seredes capaces de respondelas correctamente? Ánimo.

CICLO DA AUGA de Moni

martes

PROXECTO: OS POLBOS (CONTO)

 No segundo ciclo de primaria iniciamos o proxecto dos polbos coa elaboración dun conto titulado Pulpi, o polbo aventureiro. 

Hoxe, Marco, Bruno e Gero puxeron a súa voz para grabar dito conto e compartilo con todos vos a través da radio escolar. 

Esperamos que vos guste. Para escoitar o conto clicade na imaxe.




PROXECTO: OS POLBOS (ENTREVISTA)

 Dentro do proxecto dos Polbos, outra das actividades do alumnado de 3º e 4º de E.P, foi unha entrevista moi especial. 

Noa, como entrevistadora, e os seus compañeir@s respostarán a súas preguntas co aprendido na súa investigación. Se a queredes escoitar, clicade na imaxe. 



POLBO Á MUGARDESA, CON NAÍR GONZÁLEZ

Este luns 5 de maio achegouse ata o cole Naír González, unha cociñeira profesional para ensinarnos como se prepara un prato tradicional galego, como é o polbo á mugardesa. 

A actividade enmárcase dentro do proxecto sobre a auga, no que aprendemos sobre ecosistemas mariños e os seres vivos que nela habitan e o polbo, como gran protagonista tamén nos levou a explorar a nosa cultura gastronómica, saboreando esta deliciosa receita.

Naír pasou tamén pola radio do cole, onde nos explicou a súa traxectoria como cociñeira e respondeu as preguntas do alumnado de sexto, para crear o primerio programa de RadioFranza, que podedes ver no seguinte enlace. 

Entrevista a Naír González