martes

VESTIMOS DE NADAL!

 Este curso decidimos que o ultimo día antes das vacacións viríamos tod@s ao cole vestidos de Nadal.

Bueno, con algo de Nadal nas nosas roupas e algún adorno ao uso.

Mirade que guap@s viñemos.

Tamén puxemos unhas fotos duns días antes xunto ao Papá Noel xigante.













PANXOLIÑAS DE NADAL

 Aínda que non fixemos o festival na biblio, non podiamos deixar pasar este ano sen botar unhas panxoliñas.

Así disfrutamos delas no patio cuberto!



luns

TENDA DE NADAL

O alumnado de 5º e 6º montaron esta fermosa tenda de Nadal coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
Elaboraron os adornos de Nadal nas clases de plástica e nas casas, utilizando, na maioría deles, materiais de refugallo.
Tamén nas casas elaboraron doces para a tenda.
Tiveron moito éxito en venderon un montón.
Agradecen moito a todas as familias que colaboraron con el@s mercando na tendiña.

xoves

CAMPO A TRAVÉS EN NARÓN. PROGRAMA XOGADE

 O pasado día 20 de decembro participamos con outros escolares de centros educativos de Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol nunha das probas de campo a través do calendario local do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar) para o curso 2022/2023 que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.

O tempo non acompañou pero igualmente foi unha mañá moi divertida e emocionante onde o alumnado de 2º a 6º de Primaria correu todo o que puido e on alegría, agás algún disgusto por non ter acadado o resultado esperado por malentendidos co traxecto a percorres.

Parabéns chic@s!
















martes

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL

 Como todos os anos, aquí tedes as nosas suxerencias de libros para o Nadal e para todo o ano!

Xa al repartimos en papel, pero se o perdedes ou queredes compartir con amigos e familia, podedes enviarlles o enlace desta entrada do blog.

A disfrutar das vacacións e dos libros!


xoves

SAÍDA POLAS FRAGAS DO EUME

 Tiñamos pendente esta saída polas Fragas do Eume dende a charla do CEIDA no cole no mes de outubro.

E por fin chegou o día.

O tempo non acompañaba moito pero a verdade é que así molladas lucen en todo o seu esplendor e facilitou a observación de fauna diversa que con tempo seco non veríamos.

Dividíronos en dous grupos e cada un fixo a ruta (que é circular) en sentido contrario.

Tanto nun grupo coma noutro puidemos observar a flora e a fauna autóctona do lugar, aprendimos a camiñar con moito silenzo (ou cando menos o intentamos) para así non asustar aos habitantes da fraga. Tamén visitamos o Mosteiro de Caaveiro, xoia arquitectónica das fragas e coñecimos a súa historia.

Unha mañá perfecta a pesar do frío e da humidade.


mércores

25-N. LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.


Así comenza o título que escollimos para celebrar unha sesión especial de lecturas na biblioteca, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

"As mulleres que cultivaban néboas", de Bea Gregores e editado por Edicións Xerais é o primeiro álbum ilustrado que esta autora asina por completo (texto e ilustracións).

Cando o trouxemos para a nosa biblioteca xa sabiamos que era fime candidato a unha sesión de lectura colectiva, aínda que determinamos que se ofertaría ao alumnado de 3º a 6º de educación primaria.

Foi unha fermosa sesión na que deu tempo a unha lectura comentada, tanto do texto como das ilustracións e na que o alumnado entendeu perfectamente a mensaxe e disfrutou da súa marcada dimensión metafórica.

Fermoso momento e triste motivo.









25 DE NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso cole estamos desexando deixar de celebrar este día. Isto querería dicir que xa non é necesario, que non se exerce ningún tipo de violencia sobre as mulleres só polo feito de selo. Ningúntipo de violencia, repetimos. Ningún.

Pero a verdade é que o seguimos a celebrar. Se é que hai algo que celebrar. Preferimos dicir que seguimos a educar todos e cada un dos días do curso (e do ano) para que se acabe dunha vez o 25 de novembro, e que nesta data amosamos o noso enoxo porque aínda temos que seguir a recordalo. 

E o seguiremos facendo mentras sexa necesario. Unha e outra vez. Incansables.

Participamos coa iniciativa do Concello de Mugardos "Camiño ao respecto".

Un autobús recolleunos no cole e trasladounos ao Pavillón do Cristo de Mugardos, para dende alí, e xunto co alumnado do CEIP. Unión Mugardesa e o IES. de Mugardos trasladarnos a pé ata a praza do Concello onde, xunto ao alumnado do Colexio Loyola e a veciñanza que quisexe participar, terían lugar os actos institucuionais: Lectura do Manifesto (que non dfomos capaces de atopalo nas redes), minuto de silenzo e solta de globos, un por cada muller asasiñada por esta causa no 2022 en España.

Nesta andaina levariamos uns panos proporcionados polo Concello.