xoves

FESTIVAL DE NADAL 2021. OUTRO CURSO MÁIS EN VÍDEO

 Xa que seguimos a voltas coa pandemia e non podemos celebrar un Festival de Nadal como nos gustaría seguimos a celebralo por medio dos vídeos.

Este curso escollimos dúas cancións africanas coñecidas, cambiámoslles a letra por outra do Nadal e traballamos en cada clase de diferente maneira.

Das voces encargouse o "SUPERCORO" formado por unha alumna ou un alumno de cada curso (para respectar o protocolo COVID). 

O alumnado de E.I. colabora en cada un dos vídeos de cada curso. Un grupiño en cada un deles (aínda que hai un grupo que repite) así que para velos actuar tedes que ver os vídeos todos.

Agardamos que vos guste esta mostra de habilidades musicais diferentes do noso alumnado e comprobar a cantidade de traballos diferentes que se poden facer cunha mesma peza musical.

FELIZ NADAL!!!!


1º e 2º



3º e 4º










Agardamos que vos teñan gustado.
Perdoade a calidade dos vídeos e da montaxe. De todo iso non ten culpa o laumnado senon esta profe, que vai facendo o que pode o mellor que sabe.

Grazas a tod@s! Feliz Nadal!

luns

CONTOS NA BIBLIOTECA

 Antes da pandemia xuntábamosnos tod@s na biblio para contar e escoitar contos. 

Seguimos sen poder xuntarnos pero iso non impide que o fagamos por grupos burbulla, como nesta ocasión co alumnado de 1º e 2º, que comparten aula.

Escoitaron e disfrutaron o conto "El cococdrilo que vino a cenar" pois xa coñecían outros dous títulos desta divertida serie de contos do autor Steve Smallman, "La ovejita que vino a cenar" e "Los lobos que vinieron a cenar".

Máxicos momentos que gardaremos nos nosos recordos.






xoves

ADORNOS E MERENDA DO NADAL 2022

Así decoramos o cole polo Nadal.

Creamos unha árbore singular, pois tratábase dunha rama seca á que lle iamos colgando diferentes adornos elaborados polo alumnado desenvolvendo así moitas habilidades manuais e plásticas. Papiroflexia, recortado, pegado... son algunha das técnicas utilizadas.

Tamén elaboramos estrelas de Nadal utilizando os ganchos que traen as mascarillas uníndoas cun encuadernador, aprendendo desta maneira máis sobre a reutilización tan importante na reciclaxe. As colocamos xunto aos Reis Magos que conservamos do curso anterior nas ventás do corredor do 1º piso.

Ademais decoramos as portas das aulas de xeito moi artístico, pero non temos fotos de todas (sentímolo).





Tamén no último día antes das vacacións a ANPA  e recibimos a visita de Papá Noel, que recolleu as nosas cartas e repartiunos unhas chuches de agasallo.








mércores

OS CANS NON SON XOGUETES

 Con motivo da campaña de Nadal para concienciar sobre a responsabilidade que supón ter un can (ou calquera outra mascota) ademais de carteis informativos e traballar sobre o tema nas aulas contamos coa presenza de CA.SA.GA. (Unidade canina de rescate Cans de Salvamento de Galicia).



Alejandro Barreiro, membro do corpo de bombeiros de Ferrol e ademais presidente de CA.SA.GA. impartiu o oabradoiro acompañado do seu fillo Sergio e dos seus cans Tor e Anka. 

Ambos cans fixeron as ledicias de tod@s coas súas mostras de obediencia e rescate atopando ao alumnado agochado dentro de contenedores. 

Anka foi gañadora absoluta na séptima edición dos European Police&Fire Games, celebrados entre o 21 e o 29 de setembro de 2018, en Algeciras.

Aprendimos moito e pasámolo en grande.


domingo

PINTURA GALEGA DE OUTONO

 Esta actividade proposta no taboleiro de entrada do centro propiciou que o alumnado coñecese a pintoras e pintores galegos e algúns dos seus cadros, ademais de espertar o gusto pola arte e en particular sobre a pintura.

Deixámosvos unha secuencia de fotos sobre o transcurso da actividade.










O primeiro pintor escollido foi Felipe Bello Piñeiro, por tratarse dun pintor local que ademais impulsou a cultura na parroquia de O Seixo e foi creador da "Sociedade Amigos da Paisaxe Galega" que aínda hoxe perdura no tempo e segue a organizar diferentes eventos culturais na súa parroquia. 

Non podiamos esquecer a súa figura!






E a segunda obra escollida tiña que ser da grande Maruxa Mallo. Figura da pintura galega que non pode pasar desapercibida para ningúen.



Máis cerca





PIEDRA, PAPEL, TIJERAS

 Unha nova conferencia on-line ofertada por A Fundación, Obra social ABANCA da que disfrutamos o pasado 2 de decembro.

Nesta ocasión Raquel Linares e Rita Antón, psicólogas, falarán sobre casos reais de bulling e as súas consecuencias para a vida.

O título da conferencia "Piedra, papel, tijeras" correspóndese co do libro das que ambas son coautoras xunto con outras 18 persoas que foron víctimas, testemuñas ou autores de acoso escolar.

Cada un escolle se quere ser pedra, papel ou tesoiras nas súas relación cos iguais.

O obxectivo desta actividade é o de concienciar ao alumnado dos graves danos que o bulling pode deixar nas persoas para toda a súa vida así como indicarlles pautas para a prevención e resolución destas situacións.

Ademais da charla se proporcionou unha guía didáctica para traballar cos rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º.




CHARLAS - OBRADOIRO 5º E 6

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública no que se enmarca entre outros, o programa de Formación en acompañamento dixital

Grazas a este convenio o alumnado de 5º e 6º do noso cole recibiu 3 charlas/obradoiros ao longo do mes de novembro.

Os principais contidos que se traballaron foron:


• TICS: Hábitos sobre videoxogos e redes sociais

• Xogo online, apostas e redes sociais. Perigos e legalidade

• Sexting, grooming, ciberbulling e outros perigos en internet

• Protección online

• Presión de grupo, empatía, comunicación, autocontrol, resolución de conflitos

• Identidade persoal: autocoñecemento e autoestima.

• Qué se entende por adicción?