xoves

XOGOS POPULARES EN FIN DE CURSO

 No último día de cole, en lugar do noso "tan afamado Festival" o noso alumnado disfrutou dunha sesión de xogos populares por xentileza da ANPA.

Por grupos burbulla acudiron ao patio cuberto, xa que o día estaba chuvioso e non se puideron instalar no exterior.

Probaron todos os xeogas e detivéronse naqueles que máis lles gustaba.

Aquí tedes un vídeo con imaxes que vos darán unha idea de o ben que o pasaron.




O resto do tempo, e segundo as diferentes aulas disfrutaron doutro tipo de actividades lúdicas. Así tivemos Kapla, Xeoplano, Lego, Xogos varios....








Ademais a ANPA convidou ao alumnado a xeados e chuches.
Festa completa!!




Ata o próximo curso!!!!!

MUSEO/EXPOSICIÓN PATRIMONIO DE FRANZA

 Este foi un traballo realizado polo alumnado de 3º de E. Primaria na área de Ciencias Sociais sobre a  historia a través do noso patrimonio.

Para levar a cabo esta magnífica actividade contaron coa colaboración das familias e do Museo do Caldoval de Mugardos

O museo/exposición foi visitado por todos os grupos de alumnado do cole e en cada visita se repetiu a presentación. Un grande traballo que inspirou a súa profe Pili.




Todos os grupos do cole visitaron o museo coa presentación correspondente.