domingo

CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS

 Un ano máis dende o centro educativo promovimos a participación do noso alumnado no Certame de Poesía do Concello de Mugardos, traballando a poesía nas aulas, estimulando a creación poética individual e de grupo e xestionando a presentación no Rexistro Municipal de acordo ás bases do Certame.


Este é o cartel anunciador desta edición, que tamén expuxemos no cole.

Nesta ocasión non obtivemos premio nin mención no certame, pero sí no cole. Editaremos un pequeno libriño coas poesía presentadas e as autoras e autores recibirán un pequeno agasallo.

Para "ir facendo boca" deixamos aquí a letra dalgúns dos poemas presentados.










venres

ANUNCIO DO DÍA DO LIBRO NO TABOLEIRO DE ENTRADA

 


OBRADOIRO DE MÚSICA NA BIBLIOTECA

 Quixemos que a biblioteca se convertise nun espazo que acollese tamén un obradoiro de música.

En lugar de contratar a alguén alleo ao centro foi a profe de música quen deseñou e impartiu o obradoiro para todo o alumnado de primaria.

Traballouse con diferentes xogos musicais facendo fincapé no ritmo, na percusión e no movemento,

As actividades que se recollen foron realizadas por todo o alumnado de primaria.

Para o seu desenvolvemento utilizamos os recursos da biblioteca  (non só o espazo) como pantalla, ordenador e reproductor de son.

Tamén aprendimos, da man de Florinda, que a canción Waka-Waka é orixinaria de Camerún e que Shakira a tomou prestada para a súa versión.

No noso xogo utilizamos, por suposto, a versión camerunesa.

Foi todo unha novidade para o alumnado o a valoración da actividade resultou moi positiva.