luns

CINENSINO

 Un curso máis participamos no Programa Cinensino, programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros transtornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC destinado ao alumnado de idades comprendidas ente 8 e 14 anos.

A través do visionado de tres películas por curso esolar (unha por trimestre) escollidas polo programa e o traballo das correspondentes unidades didácticas  (material subministrado polo programa ao centro educativo) educamos en:

-  Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol e menores e adolescentes.

-  Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas

-  Retrasar ou imper¡dir o inicio de condutas adictivas no eido escolar

As películas deste curso escolar serán:


Clicade na imaxe para máis información


Aquí tedes o Trailer da peli:



Clicade na imaxe para máis información

Aquí o trailer:


Clicade na imaxe para máis información

Aquí o trailer:




Apetece, non?

E por se queredes máis información clicade nesta imaxe e accederedes ao dosier do programa deste ano.



FESTIVAL DE NADAL 2020 ( VIRTUAL)

 Non queriamos quedar sin festival de Nadal, así que preparamos as nosas actuacións e as gravamos para así podelas compartir con rod@s.

A verdade é que o festival non é o mesmo sen o calor (literal) e o entusiasmo do público, pero agardamos que disfrutedes moito. 

Coma sempre... fixémolo con moito, moito cariño e moita alegría.




En 5º fixemos esta nova letra para esta melodía tan coñecida. Porque esta historia da Covid non nos quitará o Festival de Nadal nin a alegría de celebralo.




As nenas e nenos de 6º nos recordan cómo lavar ben as mans. Iso sí, con gorros de Papá Noel (e Mamá Noel tamén).




Con xogos musicais cos que traballamos moi a miudo (aos que lles puxemos unha letra de Nadal) e cunha base de rap (libre de dereitos) montamos esta actuación na aula de 1º e 2º.





En 3º e 4º decidimos amosaros as nosas dotes rítmicas acompañando con percusión de palillos chinos sobre sillas escolares unha melodía de Nadal, libre de dereitos, que atopamos na rede.




Agardamos que vos gusten moito estas actuacións de todo o alumnado do cole.
Por un Nadal feliz, aínda que diferente.