sábado

XX CERTAME DE POESÍA E IMAXE

Un ano máis animámonos a participar no "Certame de Poesía e Imaxe" organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol.


Como cada ano propoñen unha seleción de poemas que servirán como inspiración para creacións plásticas.

As bases do concurso podedes velas clicando na imaxe:






Por causa da pandemia o Certame quedou suspendido, xa que implica unha exposición pública dos traballos presentados e un acto de entrega de premios.
Agardabamos estes acontecementos para escribir esta entrada, pero decidimos que como non hai data aínda pois que podiamos ir disfrutando da arte destas nenas e nenos.

Estes son algúns exemplos das diferentes creacións plásticas do noso alumnado de 6º.
Agardamos que vos gusten




luns

FACEMOS UNHA MARIONETA?



BIBLIOTECAS ESCOLARES ABERTAS




Esta proposta foi colgada na páxina web do cole porque é a que nestes momentos de pandemia tod@s visitades e agora xa está aquí tamén, no seu sitio.







Animádevos e veredes como con materiais que tod@s tedes por casa, podedes elaborar cousas ben bonitas e divertidas.




Mandádenos as vosas fotos ou pequenos vídeos a un dos seguintes enderezos




ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.gal


bibliofranza@gmail.com







domingo

DÁNDOLLE Á LINGUA. COA HORTA NO TABOLEIRO

Documento que recolle as difierentes actividades e xogos coa lingua que se propuxeron dende os diferentes cursos.
Actividade divertida, colectiva, que tende pontes e derruba muros.
ESCOLA
Poñédeo en tamaño grande!!!


martes

AS PITAS BAIXO A CHOIVA NA MESA DE LUZ

Fedellando en Internet atopei esta marabilla no Faceboock do Concello do Rosal.

Acompáñao este texto:


Marcos Escudero Escultor sorpréndenos neste #DíadasLetrasGalegas contándonos cos seus espectaculares debuxos de area 'As pitas baixo a chuvia', un conto de Ricardo Carvalho Calero. Unha historia narrada de xeito máxico e enfeitizante!


Clicade na imaxe para escoitar o conto e ver como Marcos Escudero vai debuxándoo con area na mesa de luz.
Simplemente maxistral!!

Practicade vós con area en papeis que no cole temos unha mesa de luz. Para o curso que vén a ver se hai algún/algunha artista!







Este é Marcos Escudero. No enlace de arriba accededes ao seu Faceboock e clicando na súa imaxe accederedes ao seu blog e podedes contemplar moitas das súas marabillosas obras.




xoves

MÁIS COUSAS DAS LETRAS GALEGAS


Aquí tedes uns xogos moi divertidos que fixo Alba Carril do CPI de Vedra.
Seguro que agora que xa escoitaches a  biografía de Carvalho Calero saberás xogar con éxito.
Necesitas un lápiz e un papel para ir anotando a clave que permitirá rematar o xogo.

Tipo de xogo: Escapa do cuarto (en inglés Scape room)

Hai dúas categorías.

                                        Aquí deixamos a máis sinxela (E. Infantil, 1º e 2º):




                                                     Esta xa é nivel experto:





Agradecer o traballo a Alba Carril e a súa xenerosidade en compartir.
Pasádeo ben.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020


Este ano, como sabedes, adícanse as Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero. Noutras entradas do blog vos contamos cousas sobre él.
Pero hoxe queremos deixarvos a narración do seu conto"As pitas baixo a choiva". Quen o le é a profe Carmen, que cun pequeno "truco" ten voz de home.
Esta historia conta unha anécdota vivida polo propio Carvalho Calero cando era pequeno, así que podedes imaxinar que vola está contando él mesmo.
Tedes este libro de Edicións Embora na nosa biblioteca.



 

BIOGRAFÍA DE RICARDO CARVALHO CALERO

O Seminario Galán  sempre edita moi bos materiais con motivo das Letras Galegas e moitas veces aproveitamos a súa presentación para lela en kamishibai na biblio.
Este ano, como así non pode ser, e para facilitar que a información que ofrecen chegue a tod@s vós, fixemos este vídeo coas imaxes e o texto da exposición.
Agardamos que vos guste e aprendades moito sobre Carvalho Calero, escritor da nosa zona.

Pensade que dende a Cabana e San Antón (onde ía no verán) e dende o porto de Ferrol (onde naceu) víase Mugardos.






Hoxe en día en Ferrol a súa casa natal está en ruínas, e lévase anos que se pide a súa restauración.


E na cidade hai un instituto que leva o seu nome, situado en Caranza, e un Centro Cultural na Praza do Inferniño. Este centro parece ser que vai ser modernizado.
Aquí vos deixo fotos .

                                                            I.E.S. Carvalho Calero


                                                          Centro Cultural
                                                           Visto dende o aire
                                                                  Proxecto de renovación

luns

HAI UN SITIO PARA TI

Este ano ocurriúsenos facer unha canción que recollese como é o noso cole.
Queriamos reflectir o esencial da nosa/vosa escola para mostrala ao mundo e abrir as portas a quen quixese  vir aquí con nós.
Así que puxémonos mans a obra.
A primeira versión xa estaba rematada no mes de febreiro e xa a cantabamos xuntos antes de entrar na escola. Durante o entroido tamén a cantamos polas rúas da contorna.
E con isto chegou a pandemia e o aillamento.
As cancións que non se cantan corren o risco de morrer.
Sentiamos pena por non poder seguir a traballar na escola, en grupo, en familia. Traballar dende casa é lonxano e difícil para tod@s, alumn@s e profes.
Así que decidimos facer un vídeo con ela para agasallar á nosa comunidade educativa.
Decidimos variar un pouquiño a letra do retrouso e que cada profe enviase un vídeo cantándoo.
E despois de aprender a utilizar un pouquiño un novo programa de edición de vídeo (grazas a Manu Ramil) o resultado que conseguimos foi o que aquí deixo.
Estamos moi orgullosas(as profes) do resultado e emociónanos moito velo unha e outra vez.
Ao alumnado tamén lle gustou moito (iso dixeron).

Poñereino tamén no lateral do blog, para que non haxa que buscalo no medio das entradas.
Disfrutádeo!! E grazas a tod@s por facer desta escola un lugar tan especial!!



domingo

TODO O DÍA NA CASIÑA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega (as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa) e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque #aculturasegue e a lingua galega non para.
Atopámolo na páxina doe "O Portal da Lingua Galega", onde podes atopar moitos recursos interesabtes sobre a nosa lingua.

E como nos gustou moito, moito, queremos compartila con vós. Seguro que vos identificades coa protagonista da historia.

Aproveitamos para enviarvos moitos agarimos!!