mércores

ENTROIDO 2020

Chegou a semana do Entroido.
Como todos os anos cada día da semana tiñamos que mirar o cartel da entrada onde Pulpi pon os mandados para o seguinte día.
Así para o luns había que traer nos pés calzado de horta.
O martes algo na cabeza.
O mércores complementos varios (inspirados no vídeo de "A horta de Balbina" ou ben ideas propias.
O xoves a estrela do disfraz: O mandil ou mandilón de Balbina.
E o venres o disfraz completo!!

Déixovos aquí imaxes dos mandados do mércores e do xoves pois este ano hay certo material que perdín. Síntoo moito, pero "para mostra un botón".






E o  venres, xa preparadas as Balbinas todas, saímos pola contorna acompañad@s de familiares para que toda Franza puidese vernos.
Polo camiño cantamos a cancion de Balbina, claro! Pero perdín o vídeo e non volo podo ensinar.
E ao chegar á praza de San Vitorio cantamos a canción do cole!

Aquí tedes o vídeo coas imaxes e vídeos que puidemos conservar.







As letras, os números e o taboleiro negro do cartel do vídeo foron extraídos de Pixabay.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario