luns

DESEXOS DE NADAL

 En 3º e 4º propuxemos dibuxar e redactar desexos de Nadal. En ningún momento se condicionou o tipo de desexo a escoller. A única premisa foi a de que escolleran un desexo que de verdade lles importase moito.

Co resultado editamos un pequeno libro cunha "maquetación" especial que pasou a formar parte dos fondos propios da biblioteca.


MURAL COLECTIVO DO NADAL

 Quen dixo que non podiamos cantar todas e todos xuntos e sen mascarillas?

Aquí tedes a proba de como puidemos conseguilo. E sen grupos burbulla!




Agradecemos ao grupo Mamá Cabra a súa xenerosidade por permitirnos utilizar a súa canción neste vídeo. Canción que ademais inspirou o noso traballo xa que é a que este marabilloso coro virtual está a interpretar.

domingo

ANO INTERNACIONAL DAS FROITAS E VERDURAS

 O 15 de decembro a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, que lidera o esforzo internacional para poñer fin á fame, proclamou o ano 2021 como Ano Internacional das Froitas e Verduras. Con isto se pretende sensibilizar sobre a importancia das froitas e verduras para a nutrición humana, a seguridade alimentaria e a saúde e para avanzar sobre o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.


Este é o vídeo promocional:


O noso proxecto escolar "A horta" non podía deixar pasar esta ocasión e así luciu o taboleiro da entrada:



E o cartel en galego, por suposto!!!



sábado

LABERINTO: TEATRO DENDE O PUPITRE

 O alumnado de 5º e 6º disfrutou  o pasado xoves 10 de decembro dunha representación teatral en directo dende o seu pupitre a través dunha conexión streaming.

Tratábase da obra "Laberinto" da compañía teatral "Equipo Zarándula" que ofertou A Fundación (Obra social de Abanca) dentro do seu programa de Educación Financieira.

A obra ten como finalidade transmitir ás nenas e aos nenos a importancia dunha correcta xestión da economía no fogar e como as súas accións poden ter un papel fundamental para a mellora do aforro familiar.

É moi diferente disfrutala así que nun teatro pero aínda así a obra gustou moito.

Ademais da representación teatral o día 16  mantivemos un encontro "on line" con Carles García, autor e director de "Laberinto" ao que a través do chat Carles García  contestaba ás preguntas das nenas e nenos. Como éramos varios centro conectado á charla só tivemos oportunidade de plantexar unha pregunta, pero en todo caso coincidiamos con moitas das que se plantexaron.

Foi un gusto poder charlar co creador da obra.






E así o disfrutamos:









xoves

DE CANDO O PINCEL E O LAPIS SE ENFADARON E NON QUIXERON COMPARTIR CUADRO

 Este ano contamos con dous obradoiros da Aula Steam itinerante de A Fundación Abanca.

Neste primeiro, de moi suxerente título, construímos pequenos robots dibuxantes a partir de pezas sinxelas. Ademais nos deixaron o reto de, a partir do xa aprendido, construir un que faga cóxegas.

Seremos capaces?

Xa o veremos, pero sí que fomos quen de construir estes marabillosos robots que veredes neste vídeo.

Estamos desexando que chegue o segundo dos obradoiros!!


martes

SOFÍA ESPIÑEIRA POLA IGUALDADE

 Con isto da COVID-19 as saídas a actos culturais están bastante complicadas.

É por iso que decidimos traer o espectáculo á escola, con todas as medidas de precaución necesarias e cumprindo todos os protocolos.

Sofía Espiñeira, artista mugardesa foi a escollida polo Centro para deleitar a pequenos e maiores, para disfrutar do seu bo facer e consolidar a igualdade e a solidariedade do nso alumnado.

A súa actuación na biblioteca do cole tivo que ser por grupos de aula. Entre cada sesión aireábase o espazo axeitadamente para que o seguinte grupo puidese disfrutar do espectáculo.

Foi un grande traballo e esforzo para a nosa artista que en ningún momento perdeu o entusiasmo e as gañas de transmitir e conectar con todas e todos.

Moitas Grazas Sofía!


luns

DÍA INTERNACIONAL CON PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para traballar este día nas aulas (xa que non podía ser o de xuntarnos na biblio, xa sabedes) seleccionáronse 3 vídeos segundo a idade do alumnado.

Visionado dirixido e guiado con coloquio anterior e/ou posterior traballando a igualdade, a tolerancia a inclusión como valores fundamentais da sociedade que esixe o futuro.


..."Este año el tema del Día Internacional de las Personas con Discapacidad (IDPD) es "Participación y el liderazgo de las personas con discapacidad: Agenda de Desarrollo 2030". Se centra en el empoderamiento de las personas con discapacidad para un desarrollo inclusivo, equitativo y sostenible, como se pedía en la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible, que se compromete a "no dejar a nadie atrás" y considera la discapacidad como una cuestión transversal en la implementación de sus 17 Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS)." ...

(Extraído da páxina da ONU do Día Internacional das persosas con discapacidade)


Deixamos aquí os vídeos por se queredes volver a velos.

En E. Infantil "Por catro esquinitas de nada":


Así de atentas e atentos estiveron:









En 1º, 2º, 3º e 4º, "El regalo"







En 5º e en 6º "Mis zapatos"




DIFERENTES. GUÍA ILUSTRADA SOBRE LA DIVERSIDAD Y LA DISCAPACIDAD

 Atopamos esta guía na rede e pareceunos un material xenial para traballar co alumnado máis pequeno estes conceptos de xeito sinxelo e así educar na inclusión. A través de pequenos contos coñecemos a varios protagonistas con algún tipo de discapacidade, protagonistas reais pero imaxinarios (como di a presentación da guía). REais porque están no mundo que nos rodea e imaxinarios porque queren representar a millóns de persoas en todo o mundo que teñen discapacidade.

O texto é de Angels Ponce, terapeuta Familiar especializada en acompañar a familias con fillos/as con discapacidade que conta con máis de 30 años de experiencia, e ilustrada por Miguel Gallardo dibuxante de cómic e ilustrador ademais de autor do libro "María y yo" que temos na biblioteca. Aínda que  el di que é máis TRADUJANTE que dibuxante pois se limita a traducir en imaxes o que outros pensan con palabras.



Copiamos e pegamos este fragmento da súa presentación na súa páxina web (á que podedes acceder se clicades no seu nome) porque parécenos moi significativo:

"En 2007 publiqué María y yo, una novela gráfica que narra las aventuras y viajes con mi hija María, de 13 años, que tiene autismo. Por ella recibí el Premi Nacional Catalunya de Còmic. Este libro, traducido a ocho idiomas, supone un paso adelante en mi carrera y el afianciamiento de mi compromiso con este trastorno y la difusión de sus características. En el 2009 se hace un documental sobre el libro con el mismo título: María y yo, finalista en los premios Goya. Descubro que con la edad, cada vez me gusta más pensar en el mundo.

Desde el 2010 me dedico, además, a dar charlas y talleres por todo el mundo partiendo de mis experiencias de comunicación con María.

En el 2015 se publicó Maria cumple 20 años. María, mi hija, me ha enseñado la simpleza de una línea y todo lo que es capaz de expresar."


No cole imprimimos esta guía para achegarlla ás nenas e nenos do cole. Pero tamén queríamos deixala aquí por se vos apetece tela na casa.




TODAS AS NENAS E NENOS DO MUNDO TEÑEN OS MESMOS DEREITOS?

 Isto foi o que nos preguntamos cando falamos sobre os dereitos das nenas e dos nenos.

E aínda que debería ser que sí, pois a verdade é que non. 

Ás nosas nenas e nenos cóstalles un pouco entender porqué (normal, porque non se entende) e non son moi conscientes das grandes diferencias entre as nenas e nenos dos diferentes países.

A partir da lectura de diferentes textos da biblioteca escollimos a historia de Malala (unha historia moi manida pero para moit@s d@s nos@s alumn@s totalmente descoñecida). 

En 3º, ademais elaboraron un pequeno resumo sobre a súa vida que escribiron nun folleto. o resultado foi exposto no taboleiro do corredor e tamén foi aproveitado para o Día da Violencia de Xénero.









 

venres

II ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Polo Día Internacional en contra da Violencia de Xénero participamos na proposta da Fanpa Ferrolterra para os centros educativos de primaria.

A actividade (tal e como explican na súa web) consistía en facer carteis cos patios dos colexios participantes (36) nos que se integraba unha letra da frase:

A EDUCACIÓN É A VACINA PARA ACABAR COA VIOLENCIA DE XÉNERO

Os  36 carteis expuxéronse nos escaparates dos comercios da Rúa Real de Ferrol e tras a mostra cada cartel pasou a ser propiedade de cada centro.

Ademais cada colexio envíou frases redactadas polo alumnado en relación co tema e as 5 mellores situáronse ao pé do cartel e todas elas (as dos 36 centros) participaron nun concuros.

E así foi o resultado (nós non gañamos o concurso pero sí gañamos en educación para a igualdade (que é o que realmente importa).




Este é o noso cartel e as nosas frases



Tal que así foi a mostra nos escaparates:




E se clicades nesta imaxe poderedes acceder ao folleto editado pola organización para esta actividade que ten por obxecto presentala e concienciar ás familias e á sociedade da necesidade de incidir na educación das nosas fillas e fillos como única garantía para evitar a violencia sobre as mulleres polo feito de selo.





luns

CENORIAS!!

 Como o curso pasado estivemos na casa as nosas xardineiras estaban moi abandonadas.

Así que puxémonos mans á obra e as limpamos de malas herbas. E nisto que descubrimos que quedaran unhas cenorias sen recoller. Levamos unha grande alegría e repartímonolas para levas ás casas.

Feliz colleita!










domingo

ANIMACIÓN Á LECTURA EN PANDEMIA

Como non podemos recibir, de momento, contacontos e actuacións na biblioteca para todo o cole o Consorcio Editorial Galego fíxonos chegar dous vídeos moi especiais e personalizados que disfrutamos nas aulas e /ou na biblioteca segundo o grupo e o día que lle correspondeu para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos das Nenas e dos Nenos. Porque o dereito a esocitar contos e disfrutar da música nunca nos pode faltar.

Nun primeiro vídeo A toupiña  (monicreque de Toupiconsellos) e Celtia Filgueira (titiritesa, autora...) comparten lecturas e historias persoais da toupiña. Algúns dos títulos que propoñen son os seguintes e clicando en cada un deles poderedes acceder á máis información:











Vos deixamos aquí tamén algún vídeo da Toupiña que atopamos na rede



No segundo dos vídeos Papabuis agasállanos con diferentes cancións do seu repertorio.
Fala dos personaxes dos contos tradicionais galegos, de "As pitas baixo a choiva" de Carballo Calero e buscando a Rosalía.