venres

ESCORNABOTS EN E. INFANTIL

Por fin os máis pequenos do cole puideron disfrutar dos Escornabots.

Fixéronno cun taboleiro moi especial que fixeron as nenas e nenos de 5º, no que utilizaron fotos propias para traballar as emocións. Foron tamén el@s @s encargad@s de axudar aos pequenos a manexar os Escornabots. Unha preciosa experiencia onde unha vez máis os maiores amosaron o seu bo sber facer e transmitir.

Parabén para tod@s e para a vosa profe Andrea!!!







domingo

HORA DO CONTO. DÍA DA POESÍA

Nesta ocasión, e aproveitando o bo tempo, fixemos a lectura dun conto rimado no patio da escola.

Escollimos "O Pirata Metepata", de Toño Núñez, ilustrado por Xosé Tomás e editado por Bahía Edicións.

Escollímolo porque a poesía temén sirve para contar historias. E non falamos só de que sexa unha historia rimada, senón de que o texto "recende a poesía", como di o propio autor, e onde o débil enfróntase ao forte e vence.

Así foi o momento:














E se queredes oílo na voz de nenas e nenos de 5 anos do CPI de Bembibre, no Val do Dubra, aquí vos deixamos este vídeo subido dende a biblioteca do seu Cole "O Recuncho de Pistacho".






Un grande traballo!!!!! Parabéns a tod@s os que fixeron posible esta precioso traballo.




Se queredes dar un paseo polo seu blog clicade na imaxe.

martes

HORA DO CONTO DO 8 DE MARZO

Para este día tiñamos preparada a lectura do libro "Max e os superheroes", de Rocío Bonilla e Oriol Malet, da Editorial Algar.
Da lectura íase encargar a responsable da biblioteca escolar, pero recibimos a visita de 3 exalumnas e 2 exalumnos, que sin dubidar nin un momento aceptaron ser os contacontos do día.
Había moita alegría no alumnado por volvelos a ter por aquí e neles na súa visita e na oportunidade que se lles ofreceu.

E así foi. Podédelos ver neste vídeo:










Logo firmaron no libro de visitas o que lles fixo moit ailusion, porque como encargados da biblioteca no curso pasado non imaxinaban que nese libro puidesen figurar eles mesmos.
Grazas a tod@s pola vosa visita!!!










DESIGUALDADE SALARIAL. EXPERIMENTO COPIADO

O curso pasado chegou a nós este vídeo do Grupo Financieiro Noruego Finas Forbundet, creado pola axencia Morgernstern e a productora Willynikkers, no que se amosan que a diferencia salarial entre homes e mulleres é inaceptable aos ollos d@s nen@s.


Gustounos moito e este ano "copiamos" a idea e realizamos o experimento "á nosa maneira".
No vídeo Noruego, aparentemente, tanto os nenos coma as nenas recollen indistintamente pelotas rosas e azuis, e amosan un traballo en equipo fluído e instantáneo.

No noso cole non foi exactamente así.


  • Grabamos a unha parella de cada aula, escollidos por sorteo.
  • Tiñan que recoller paquetes de agasallo azuis e rosas (que estaban baleiros) en dúas caixas  separándoos por cores.
  •  Propoñíaselles o traballo como un traballo en parella.
  • Logo, ao igual que no vídeo orixinal pedíamoslles que pecharan os ollos para recibir o agasallo que lles correspondía polo seu traballo.
  • O noso agasallo non eran chuches. Escollimos paquetes de bolígrafos de purpurina de diferente tamaño e diferente cantidade.
  • Despois de gravar o vídeo explicábamoslles que baixo ningún concepto no cole  iamos "pagar" menos ás nenas polo feito de ser nenas, que se trataba dun pequeno experimento e que o agasallo eran as dúas caixas para compartir cos compañeiros e compañeiras da súa aula que non foran escollidos no sorteo.


Estes foron os resultados.

EN EDUCACIÓN INFANTIL





EN 1º DE E. PRIMARIA:




EN 2º DE E. PRIMARIA:




EN 3º DE E. PRIMARIA.




EN 4º DE E. PRIMARIA:



EN 5º:




E EN 6º:




Grazas a tod@s @s participantespola vosa espontaneidade!!!

domingo

ENTROIDO 2019. COPLA, COREOGRAFÍA E XOGOS DE BAILE

Ademáis do Desfile que víchedes no vídeo anterior, tiñamos unha copla especialmente ideada para esta data, que cntamos varias veces polo camiño e unha vez todos xuntos no medio do camiño.
Tamén os pequenos cantaron a súa canción de Entroido.
Á volta ao cole, ademais de merendar cos postres da víspera, as nenas e nenos de 1º e 2º agasalláronnos cunha coreografía que prepararon co profe Pavblo en E. Física.

Despois era tempo de xogos e dispuxemos unha pantalla con coreografías guiadas en vídeo que fixeron as ledicias de moitos e moitas, sen importar a idade.
A verdade é que o pasamos moi ben e quedamos sorprendid@s das facultades que para o baile teñen as nenas e nenos deste cole.

E para mostra, estoutro vídeo que recolle os mellores momentos da xornada:



DESFILE DE ENTROIDO 2019

Este ano no cole escollimos o tema de "O Universo" para elaborar os nosos disfraces.
Despois de toda unha semana de mandados diversos, o venres disfrazámonos e saímos en desfile pola contorna do centro escolar.
Aquí tedes un vídeo coas fotos deste día:



MANDADOS DE ENTROIDO

Luns:

ZAPATOS DE DISTINTAS CORES.
(PROBLEMAS TÉCNICOS FIXERON QUE NON TEÑAMOS MÁIS IMAXES QUE ESTAS, PERO VOS PODEDES FACER UNHA IDEA....








Martes:

UN CASCO CASEIRO NA CABEZA.


Este foi o mandado que apareceu o luns.... Vedes a Pulpi?

Deste día sí que temos fotos!!!!!


Mandado Entroido 2019. Martes by Slidely Slideshow
Música: https://freepd.com/


Mércores:

LUVAS DE ASTRONAUTA

Pulpi cambiou de nave!!!!




E deste día temén temos fotos!!!


MANDADO MÉRCORES by Slidely Slideshow
Música: https://freepd.com/


Xoves:

XOIAS E COMPLEMENTOS PARA BRILLAR COMA ESTRELAS!!

Aquí vedes moi ben a Pulpi


Estas son as fotos deste día:





Mandado Entroido 2019. Xoves by Slidely Slideshow
Música: https://freepd.com/

POSTRES DE ENTROIDO

Un ano maís o alumnado que así o quixo, o xoves da semanna de Entroido trouxo ao cole un postre típico destas datas, elaborado por eles coa volaboración das súas familias.
Todo un luxo que nos permite degustar nos recreos do xoves e do venres sabrosuras do Entroido.

En anos anteriores acompañando o postre deberían traer escrita a receita nunha planilla deseñada para a ocasión. a proposta de EDL cambiamos o formato e o traballo escrito fíxose por aula e en formato mural, de xeito que todo o alumnado participase (tanto se trouxo postre coma se non).
E este foi o resultado.



Así de exquisitos lucían!!!







E así son os diferentes murais elaborados.