xoves

NAMORADOS 2019

Sempre nos gusta conmemorar este día poñendo en valor o amor como un sentimento necesario e imprescindible na nosa especie.
Porque todas e todos sentímolo e o despertamos en outr@s do noso arredor.

Este curso celebrámolo cunha edición especial de "A Hora do Conto", onde a profe Sofía leu "El amor nunca se acaba" toda vez que o equipo de biblioteca preparou un Power Point coas imaxes que acompañan e completan o texto.






"Una historia tierna y divertida sobre lo extraordinario del amor cotidiano, que nos inspira a ayudar, a comunicarnos... ¡y que nunca se acaba!"

Reseña extraída da páxina web da editorial Bruño. Clicade na imaxe para máis información.



luns

ROSALÍA, ROSALÍA, ROSALÍA... SEMPRE ROSALÍA

Dende o Concello propuxéronnos celebrar con nós o Día de Rosalía, e por suposto que aceptamos.
Así que recibimos a visita de representantes municipais na biblioteca, onde tiñamos unha exposición de diferentes traballos plásticos que sobre Rosalía fixemos nos últimos anos.
Ademais o alumnado de 5º preparou a lectura en kamishibai da vida de Rosalía, material que elaboramos en cursos anteriores e que reutilizamos nunha nova exposición.
Gustou moito o panel co que tod@s somos Rosalía e os representantes municipais non se resistiron a probalo.
Aquí tedes unhas fotos do momento:

 
ROSALÍA, ROSALÍA, ROSALÍA.... SEMPRE ROSALÍA by Slidely Slideshow

E aquí o vídeo da lectura en Kamishibai:


DÍA DE ROSALÍA 2019. ROSALÍA ESTIVO AQUÍ II

A nosa celebración de sentir a Rosalía de Castro "un pouco nosa" tiña que ser "ao grande".
Así que noutra sesión volvimos ao Seixo.
Esta vez para interpretar diferentes cancións sobre poemas de Rosalía de Castro.
Algúns musicados por autores aos que lles pedimos autorización para interpretalas e compartilas con vós, e que xenerosamente autorizaron, e a outros musicados  no cole.

Ademais Eugenia Sanmartín, autora da obra "Rosalía: poeta na beira do mar" facilitounos o seu texto e autorizounos a representar o anaco que quixéramos coas nenas e nenos da escola como actrices e actores. E ADEMAIS PRESTOUNOS OS DECORADOS!!!! A profe Begoña foi a encargada de levalo a escea 😊
E Pablo, o profe de E. Física acompañounos co seu baixo nas diferentes interpretacións 😊


Sarela e Rocío interpretan o fragmento inicial da obra de teatro "Rosalía: poeta na beira do mar" de Eugenia Sanmartín .






E. Infantil de O seixo e de Franza.




1º e 2º de E. Primaria:





4º de Primaria.
Porque non podía faltar o poema que deu lugar a todo isto. E ESE BAIXO DO PROFE PABLO!!!




6º de Primaria.
Adaptación da canción de Manolo Bacaiau, quen xenerosamente nos permitiu utilizala e compartila con vós. E ESE BAIXO DO PROFE PABLO!!!!




5º de E. Primaria.
Adaptación da canción de Francisco García. Gracias por deixarnos adaptala e utilizala.
Vai aquí coma unha homenaxe a este excelente compañeiro. E ESE BAIXO DO PROFE PABLO!!!!




3º de E. Primaria.
Miña Santiña, Miña Santasa.
música de Carmen Sanmartín. Profe de música do cole. E ESE BAIXO DO PROFE PABLO!!!






Eugenia Sanmartín, que ademais de actriz e directora de teatro tamén canta, agasallounos coa súa versión de "Adiós ríos, adiós fontes" e cantamos con ela.


E por último, tod@s xunt@s cantamos "Rosalía pequeniña", que tanto nos gusa.
Por iso un ano máis non podía faltar. Aquí a tedes por se queredes repetir.


DÍA DE ROSALÍA 2019. ROSALÍA ESTIVO AQUÍ I

Na 2ª edición de "Cantares Galegos" aparece este poema:



Si a vernos, Marica, nantronte viñeras

á festa do Seixo na beira do mar,

ti riras, Marica, cal nunca te riches

debaixo dos pinos do verde pinar.

.....



Cantos "Seixos" hai en Galicia?
Cantos deles están na beira do mar?
E cal deles tiña unha festa de sona?
Pode ser que Rosalía de Castro escribira este poema despois de asistir á Festa de Beiramar no Seixo do Concello de Mugardos?


Henrique Sanfiz, Jorge Gómez, Miguel Rodríguez e  Xan Carneiro fixéronse estas preguntas e concluíron que podía ser O Seixo de Mugardos. O "noso Seixo".
Puxéronse a investigar para comprobalo e atoparon estreitas relacións de Rosalía de Castro coa familia propietaria de Fábrica de luz que por aquel entonces funcionaba en O Seixo,así como parentesco con outras familias da zona.

(Un artigo de Anxos García e Henrique Sanfiz publicado no nº 3 da revista Follas Novas sobre o tema pode descargarse aquí)

https://www.radiofusion.eu/actualidade/novas/se-vernos-marica-nantronte-vi%C3%B1eras-%C3%A1-festa-do-seixo-na-beira-do-mar
Clica na imaxe

A súa romería (que aínda hoxe se celebra) tiña moita sona e atraía a moita xente de fóra.

A esta iniciativa arredor da figura de Rosalía de Castro a chaman "Rosalía de Castro e a fábrica das mulleres", e o libro froito desta investigación ("A festa do Seixo na beira do mar: Rosalía e a fábrica") está a piques de ser publicado.

Pero ademais, e para espallar esta boa nova, os autores desta iniciativa propuxéronlle a Eugenia Sanmartín,  actriz, cantante e directora nestes últimos anos do "Grupo de Teatro Afeccionado Teruca Bouza" de O Seixo (entre outros), escribir para este grupo unha obra  que contase esta parte da nosa historia.
Así naceu "Rosalía: poeta na beira do mar", onde o presente e o pasado da man nos achegan á festa de O Seixo descrita pola poeta, á evolución do rol tradicional das mulleres e como fondo a paixón pola literatura.

Clica tamén nesta!!





Aquí tedes o Trailer da representación:






Dende a Biblioteca do cole, puxémonos en contacto con Henrique Sanfiz e propuxémoslle que o noso cole, xunto coa EEI. de O Seixo,  participase dalgún xeito nesta iniciativa, toda vez que os nenos e nenas de O Seixo escolarízanse nos nosos centros escolares. A el pareceulle boa idea e puxémonos de acordo para realizar as actividades arredor de Rosalía.

E así foi como o fixemos:

Nunha primeira sesión fixemos un pequeno roteiro polo Seixo, guiado por Henrique Sanfiz,visitando os lugares nos que estivo Rosalía de Castro e rematando no "Casino de O Seixo", Sé da Asociación de Amigos da Paisaxe Galega". Neste roteiro e nos casino todo o alumnado recitou poemas de Rosalía que un cámara profesional proporcionado polo propio henrique Sanfiz gravou e editouse un vídeo do que vos deixamos un anaquiño e que está a piques de ser empregado nun documental que recolle esta iniciativa.
Tamén fomos convidados pola Asociación a un estupendo chocolate con churros.
Rematamos cun tempo de xogo no patio de a escola de O Seixo.

Aquí tedes as fotos da xornada, acompañadas da canción que Luís Emilio Batallán compuxo co poema de Rosalía:


ROSALÍA NO SEIXO by Slidely Slideshow



E aquí un fragmento do vídeo que se gravou. (Cando se publique oficialmente publicarémolo para que o poidades disfrutar enteiro).





E clicando na imaxe verás a entrada que en Radio Fene fixeron da nosa visita:




venres

NOVO TABOLEIRO PARA O ESCORNABOT

Con isto da participación no proxecto Bibliotecas Creativas estamos que non paramos.
Despois de montar os 4 Estcornabots que nos proporcionaron dentro do proxecto estamos a elaborar diferentes taboleiros cos que poder xogar á vez que aprender.
Este foi deseñado para os máis pequenos, pero isto do xogo non ten idade.
Así que utilizámolo para que as nenas e nenos de 4º se iniciasen no manexo do pequeno, pero grande, Escornabot.

Pasámolo xenial, acertando e tamén equivocándonos.







CARTAS DO XOGO 


TABOLEIRO

martes

DE ESTRELA A ESTRELA E TIRO PORQUE ME PETA

A propósito do Proxecto Colectivo de "O Universo", e da participación da biblioteca escolar no proxecto "Bibliotecas Creativas" así como no traballo sobre o que as normas dos xogos se refire, na clase de segundo, na área de Lingua Galega elaboraron por parellas estas marabillosas "Ocas Escpaciais".

Para que tod@s puidesen disfrutar dos xogos e para que os seus autores puidesen levar a súa creación ás súas casas fexémoslles fotocopias e plastificámolas.
Deste xeito na biblioteca conta con 5 novos xogos da "Oca" creados integramente polo alumnado de 2º.

Bo traballo chic@s!!!! e parabéns a ese profe Pablo que tan boas ideas vos propón!!!!












11 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Non podiamos deixar pasar esta data sen organizar unha festa da ciencia ao grande.
Cada clase escolleu varios experimentos, ás veces de acordo cos temas traballados na materia de Ciencias Naturais, e outras escollidos pola súa temática e/ou espectacularidade. Tamén se procurou que non fosen repetidos.
En moitos casos buscouse información utilizando os fondos da biblioteca, así como recabando información da rede.
Elaboraron traballos que recollían detalladamente os materiais precisos, o procedemento do experimento e a súa explicación científica, así como outros onde traballaban coas posibles aplicacións do fenómeno científico traballado.
Por fin, con todo o traballo feito e unha vez realizados os ensaios pertinentes, organizamos unha xornada de exposición, onde por turnos o alumnado rotaba polas mesas do resto dos cursos.
Foi unha xornada marabillosa onde todos e todas disfrutamos.

Ademáis dos experimentos en 2º de E. Primaria colorearon fotos e dibuxos de mulleres científicas salientables e engadiron un código QR a cada unha, que dirixía directamente á entrada da wikipedia sobre cada unha delas. Este traballo tamén formou parte da exposición como unha actividade máis.

Neste primer vídeo tedes unha presentación da xornada.
No seguinte tedes a grabación de cada un dos experimentos, realizados nunha sesión especial (sen apenas público) para recoller axeitadamente o proceso enteiro e cun mellor son.
Unha xenial xornada e un traballo magnífico!!!









luns

MEXIQUE. LECTURA DO DÍA DA PAZ 2019

Na Hora de ler do Día da Paz xuntámonos tod@s na biblio para asistir á lectura, por parte das nenas e nenos de 5º, do libro Mexique.
Este libro chegou ás nosas mans neste curso e a historia que relata sobrecolleunos, pero moito mási as palabras que María José Ferrada (autora do texto) escolleu para narralo. E se lle xuntamos as ilustracións que tan ben completan o texto (Ana Penyas é a ilustradora) a experiencia desta lectura resulta especialmente conmovedora. Das que deixan pegada no tempo.
Foi editado pola editorial "Libros del Zorro Rojo", e na nosa humilde opinión é unha xoia de libro que non debería faltar nas bibliotecas e nos fogares.

Así foi este momento:


APOSTA POLA PAZ

Para despois da lectura de Mexique buscamos unha canción sobre a Paz que puideramos cantar rodos xuntos. Porque sabemos da maxia da música para unir e tender lazos especiais entre @s que a fan e entre @s que a fan e @s que a escoitan.
Gustábanos moito "Apuesta por la Paz", de Noel Soto, e ademais podía ser traducida ao galego sen dificultade e sen presentar problemas rítmicos.
Así que contactamos co autor para solicitar o seu permiso. Non só para facelo así na escola senón tamén para podelo compartir no blog (e poñelo na nosa canle de Youtube).

Esta foi a súa resposta e alegrámonos moito de recibila:

Hola, Carmen Sanmartin. Soy Noel Soto, me alegra mucho que hayais  utilizado  mi  canción  "Apuesta por la paz ". Por supuesto teneis mi permiso para utilizarla cuando querais. Muchas gracias y buena suerte.

E así de ben cantamos na biblio:


domingo

PULSEIRAS POLA PAZ

A partires da exposición da artista Rivane Neuenschwander no cole levamos a cabo unha actividade similar con motivo do Día da Paz 2019.

Primeiro en cada clase crearon un "Banco de palabras de Paz", seleccionando as máis fermosas e procurando que non se repetisen as mesmas nos diferentes cursos.

Despois o alumnado rotulou, coas palabras escollidas,  unhas pulseiras de fita de seda que se lles proporcionaron.

Para iso en 3º de Primaria mediron, calcularon a cantidade total necesaria se queriamos que cada neno e nena do cole fixese tres pulsiras e cortaron as pulseiras.

Todas as pulseiras colgáronse no expositor que para tal fin instalamos na entrada do cole.

E logo seguimos as instruccións da actividade: para poder coller unha pulseira habería que deixar no seu lugar un desexo de paz escrita nos papeis que se lle proporcionaron. E din que se a deixas posta ata qaue caia por si mesma os desexos se cumprirán.