xoves

VISITAMOS "LA CASA DE LAS CIENCIAS"

Como este ano estamos a traballar o tema do Universo preparamos esta saída para visitar o Planetario e as exposicións deste museo científico de A Coruña que nos permitiría xogar, tocar, mirar.... e aprender ciencia da mellor forma posible.
Gustounos moitísimo, aínda que non todos vimos nacer o poliño!!!!








OS ELECTRECOS

O pasado día 11 disfrutamos no cole dun Obradoiro moi especial.
Tratábase de aprender a reciclar os residuos de xeito correcto, e especialmente os residuos de aparellos eléctricos e electrónico (RAEE).

Esta campaña impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio ten como protagonistas a os personaxes de "Os Bolechas", así Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá y Ecochispa están encargados de reclutar superheroes da reciclaxe. Eses supoerheroes serán, nin máis nin menos que as nenas e nenos de moitos centros educativos e, por suposto, os de Franza tamén.

Clica na imaxe e accederás á área virtual do proxecto con xogos e actividades variadas. 

Así que reunímonos na biblioteca e de xeito ameno e divertido a través de monicreques, vídeo e o bo facer da técnico de Medio Ambiente, que mesmo acabamos cantando un rap con ela, aprendimos moito e poderemos apuntarnos na lista de superheroes da reciclaxe.








E aquí tedes un vídeo do Obradoiro, para que vexades que non mentimos:






E como as neas e nenos de E. Infantil non participaban neste obradoiro, pero sabían que viñeran Os Bolechas ao cole, fixeron estas fotos e recolleron os libros se Os Bolechas sobre a RAEE.




martes

PORRA DE NADAL

E despois de abrir os agasallos dos reis e aproveitando que estabamos todos xuntiños fixemos entrega dos premios da Porra de Nadal, na que había que poñer en xogo as nosas habilidades matemáticas de estimación a partir das pistas que se daban.
Esta vez con polvoróns e con améndoas doces.
Parabéns aos/ás gañadores/gañadoras!!



PORRA DE NADAL by Slidely Slideshow

VIÑERON OS REIS!!!!!!!

E isto pasou á volta das vacacións de Nadal.





VIÑERON OS REIS by Slidely Slideshow

luns

FESTIVAL DE NADAL 1

Presentación do Festival e representación teatral a cargo do alumnado de 4º da obra de Paula Carballeira "O Restaurante Farruco".


domingo

FESTIVAL DE NADAL 2

Actuación do alumnado de 6º xunto ás nenas e nenos de E. Infantil a Festival de Nadal 2018.
Interpretan "Na casa da miña avoa" de Mamá Cabra, a quen agradecemos a sua xenerosidade por darnos permiso para compartilo aquí con vós.


FESTIVAL DE NADAL 3

Actuación do alumnado de 3º no Festival de Nadal 2018. Interpretan unha coñecida melodía á que se lle puxo unha letra especial para a ocasión e se acompañan de percusión corporal.

FESTIVAL DE NADAL 4

Interpretación de Mario ao piano de "Alegres cascabeis" no Festival de Nadal 2018.

Agradecémoslle moito a súa boa disposición para compartir con nós a súa arte. Segue así Mario!!!!



FESTIVAL DE NADAL 5

Actuación das nenas e nenos de 1º e 2º no Festival.
Cantan e bailan a canción "No Nadal" de Mamá Cabra, a quen agradecemos unha vez máis a súa xenerosidade por autorizarnos a compartir aquí este momento con tod@s.


FESTIVAL DE NADAL 6

Actuación das nenas e nenos de 5º no Festival.
interpretan "Os outros nenos", panxoliña ideada hai dous anos en base á música de "O indio Coya", chamando á solidariedade cos nenos e nenas vítimas de calquera guerra.
Nesta ocasión acompáñanse de Metalófonos e Xilófonos.



FESTIVAL DE NADAL 7

Actuación das nenas e nenos de 4º no Festival de Nadal 2018. Interpretan "Aló entre as pallas" Panxoliña tradicional galega.


FESTIVAL DE NADAL 8

Interpretación de todo o cole da canción "Sen cores", do videoclip gañador do segundo premio da Consellería de Educación polo 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero" 2018. No escenario as nenas e nenos de 5º autores do traballo.



FESTIVAL DE NADAL 9

Actuación do profesorado como broche final do Festival.


sábado

VISITA DE PAPÁ NOEL AO COLE

Un ano máis recibimos a visita de Papá Noel.
Instalouse na biblioteca e fomos por grupos a entregarlle as cartas que tiñamos preparadas, e a falar un pouqiño con él.
Foi a ANPA que contactou con él e o trouxo ao noso cole. ademais agasalláronnos cun paquete de lambonadas.

Qué sorte tivemos!!!