mércores

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Queremos compartir con vós a arte  que amosou o noso alumnado no Festival de Fin de Curso deste ano.

Non podemos compartir todas as actuacións por problemas técnicos e de dereitos de autor en parte das músicas utilizadas, pero si unha mostra de algunhas delas.

Aquí tedes vídeos da 1ª parte:


























E aquí os da segunda parte:




















luns

MONSTER. MI MONSTRUO FAVORITO

Este é o título que Cristian escolleu para o conto que fixo con Merce na aula de PT.

Foi todo un reto onde escolleu o personaxe principal dunha selección ofertada por Merce e ideou a historia coas súas partes ben definidas (inicio, nó e desenlace). Despois iniciou o traballo de redacción e de ilustración.
Quedoulle así de ben.





Despois durante unha sesión especial de "A Hora do Conto" visitou aos nenos e nenas de E. Infantil e leulles o seu conto, mentres a profe Merce ensináballes os dibuxos orixinais que Cristian fixera.

Disfrutaron moito tanto grandes coma pequenos... e especialmente Cristian que estaba feliz de poder compartir a súa obra.

Agora pasou a formar parte dos fondos da biblioteca na sección de produccións propias.

















APADRIÑAMENTO LECTOR

Xa nos tardaba levar a cabo esta actividade que tanto nos gusta a tod@s.

E por fin chegou o día.

Os afillados e afilladas escolleron o conto que querían que lles contasen as madriñas e padriños.
Os contos escollidos déronselle ás madriñas e padriños para que practicasen a súa lectura e dixémoslles quen era a súa afillada ou afillado pero deberían gardar o segredo.

E o fixeron así.
Chegado o día os padriños e madriñas foron as aulas dos seus afillados e afilladas a recollelos e desvelar por fin o segredo tan ben gardado, e buscar un sitio para a lectura.
Había moita expectación, alegría e algo de vergoña... pero foi todo gratificante.
No medio da actividade púxose a chover un pouquiño, así que moitas parellas (e tríos, que tamén había algún) tiveron que buscar un sitio mellor.

Cando remataban a lectura ou ben era @ afillad@ que leía agora o conto ou ben intercambiaban o conto con outr@s.

Así de especial foi este momento, onde todo o cole compartía lecturas.

1.- CHEGAN AS MADRIÑAS E PADRIÑOS!!!!



APADRIÑAMENTO LECTOR 2018 by Slidely Slideshow

2.- COMPARTINDO LECTURAS.





Apadriñamento lector. Compartindo lecturas by Slidely Slideshow

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Un ano máis entregamos e deixamos aquí no blog as nosas recomendacións de lecturas para o verán.

Tivemos moito coidado en facer esta selección, buscando libros especiais, deses que non só nos gusta ler, senón dos que queremos ter nas nosas estanterías, para disfrutar con eles unha e outra vez.

Clicade nos enlaces para ter máis información sobre eles.
De moitos podedes ver vídeos marabillosos elaborados para a súa promoción.
Non volos perdades e ...

A DISFRUTAR DO VERÁN!
E MOITO MELLOR SE É CUN LIBRO NA MAN!



Por exemplo:




















Molan, nonsi?

Pois xa sabedes!!! A facerse con algún exemplar!!

martes

SEGUNDOS CLASIFICADOS NO III CAMPIONATO DE CHAVE ESCOLAR

O pasado sábado 31 de maio celebrouse no Club do Mar de Mugardos o iii campionato de chave escolar.

Previamente a colaboración do Concello de Mugardos cos Amigos da Chave de Ferrolterra facilitou que o noso alumnado practicase esta actividade lúdico-deportiva.

Logo presentáronse na competición xunto a equipos dos outros centros educativos do Concello e @s nos@s representantes quedaron no segundo posto.

Queremos felicitar a tod@s os participantes por colaborar no mantemento dos xogos tradicionais.






sábado

PROXECTO "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA"

En E. Infantil están a traballar nun precioso Proxecto baseado no conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle, e no cuidado e observación dos vermes de seda.

Aínda non o remataron de todo porque os vermes están a empezar a facer os seu capullos, pero non podiamos esperar máis para compartilo con vós.

Ademais deste conto traballaron con outros que tamén tratan da metamorfose da eiruga a bolboreta, proceso que segue a parecer máxico a calquera que o observe na natureza.

Cada día unha nena ou un neno da clase leva uns cantos vermes a casa nunha fermosa casiña e encárgase de coidalos e alimentalos ben. Tamén leva para casa un exemplar do conto para que o conten na casa, pois xa o saben de memoria.
Ademais, cando rematen, cada alumn@ terá o seu propio libro nun conxunto de fixhas que foron elaborando e traballando na clase.
Para que vos fagades unha idea mirade aquí o que fixeron.





E aquí vos deixamos un "booktrailer"do conto, un anuncio de toda a vida, elaborado coa técnica stop-motion pola responsable da biblioteca esxolar nun curso no que participou hai 2 anos.



As voces son do alumnado que a día de hoxe van en 3º. Moitas grazas chic@s!!







xoves

NON LEAS?


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un díptico para conmemorar O Día do Libro e dos Dereitos de Autor ( 23 de abril ), cun texto dunha figura referente da literatura galega actual, Fran Alonso, un dos poetas preferidos da nosa biblio,  quen  xenerosamente cedeu esta marabilla de texto. E como di na traseira "Un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia".







Un cartel en grande do díptico enteiro estaba situado na entrada da biblio para que o lera quen quixera. En 5º e 6º  traballaron co texto nas aulas, analizándoo e extraendo todo o seu significado.

E co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria elaboramos un vídeo na biblioteca, practicamente improvisado no que todos comprenderon a ironía do mesmo. (E gustoulles moito).



HORA DE LER EN 1º E 2º

Os luns 1º e 2º xúntanse na biblio na Hola de ler.
ás veces len contos da biblio. Outras as profes son as que len un conto.
Pero outras son os nenos e nenas de 2º os que contan un conto aos demais.
Iso foi o que pasou o outro día.
Yeray de 2º leu o divertido conto "Soy un artista" de Marta Altés na editorial Blackie Little Books ao resto.
Así foi o momento:



HORA DE LER by Slidely Slideshow

Aquí tedes algunhas imaxes do libro:









mércores

TELEXORNAL DE 3º E 4º

En 3º e 4º traballaron moito este ano coa prensa.
Así o alumnado traballou sobre os textos propios deste medio de comunicación elaborando as súas propias entrevistas, noticias diversas.....
Escribíronnas a man, logo pasáronnas a ordenador e por último gravaron un vídeo do seu "Telexornal".

Aquí o tendes.
Moita atención as súas noticias!!!


martes

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O pasado venres 1 de xuño impartiuse na biblioteca unha charla sobre alimentación saudable ao alumnado de 5 º e 6º, baixo o título “Balancéate!”.
O programa inclúese no proxecto de prevención de condutas aditivas “Saúde na escola”, subvencionado pola Consellería de Sanidade, que Fene leva a cabo en común cos concellos de Mugardos e Neda.

Se clicas na imaxe podes acceder á páxina web do Concello de Fene que recolle esta e outras propostas de intervencións socioeducativas.

Agardamos que teña servido para unha maior concienciación sobre a importancia dunha alimentación e vida sá.