venres

CINENSINO

Empezamos o programa Cinensino para 5º e 6º de Primaria.

Trátase dunha actividade na que se visionan ao longo do curso 3 películas escollidas para tratar temáticas do interés do alumnado. De cada película que cada alumn@ cubre un caderno de actividades que reforzan os contidos traballados na película.

O programa deste ano deixámovolo aquí:


EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis poñemos en marcha esta actividade que achega os noso fondos ás casas do noso alumnado e que pode ofertar ratos de lectura en familia e de disfrute de bos materiais.

Xa a coñecedes, pero aquí vos deixo a carta que vos soemos enviar e que tamén vai no caderniño que incluímos na mochila para recoller as vosas opinións.


Queridas familias:
    Un ano máis poñeremos en marcha esta actividade que se está a realizar en moitas escolas galegas e que a nós tamén nos pareceu fantástica.
    Temos preparada en cada curso unha mochila que o alumnado levará a casa durante un tempo. O seu contido foi minuciosamente seleccionado pensando en toda a familia.                  
 Gústanos pensar que poñeremos nas vosas mans un VERDADEIRO TESOURO, e por iso deberiades disfrutalo, compartilo e coidalo.
     Aínda que o contido da mochila varía segundo a idade d@s vos@s fill@s, hai un tipo de material que se repite en todas elas:
-      Un ou dous contos axeitados á idade dos vosos fillos e fillas.
-      Un libro de manualidades sinxelas por se queredes facer algunha en familia.
-      Un libro de consulta sobre temas de interese do alumnado e con moi boa presentación.
-      Un libro que pode axudar aos pais e ás nais a educar mellor, ou cando menos estar mellor informados sobre temas de interese para eles.
-      Un pequeno libro de lectura para adultos, por se vos apetece ler, e porque se os vosos fillos e fillas ven que o facedes, probablemente vos imiten (“eles len se ti les”).
-      Un D.V.D. para disfrutar en familia se é do voso agrado.
-      Un libro de poemas, rimas, adiviñas, refráns,trabalinguas… para disfrutar todos da linguaxe poética ou da sabiduría popular.
-      Un caderniño de viaxe onde expresar a vosa opinión e que recolla a historia desta experiencia. Na contraportada tedes o listado do contido e así poder comprobar que todo volve á mochila para que outra familia a disfrute.
-      Un ou dous libriños en inglés.
    Esta debe ser unha ACTIVIDADE PRACENTEIRA para todos, porque sabemos que as boas experiencias compartidas resultan especialmente gratificantes e son máis “capaces” de xerar hábitos, e o hábito da lectura é a mellor herdanza que podemos recibir e legar.
    Non se trata dun “traballo da escola”, trátase dunha “excursión en familia”. Nesta excursión ás veces seredes guías (orientando e motivando) e ás veces deberedes deixaros guiar (escoitando e compartindo), pero sempre disfrutando da viaxe.
    Non hai que lelo todo. Mirádeo ben e escollede o máis interesante. Seleccionade ben as paradas da vosa viaxe, nós ofrecémosvos moitas para que o poidades facer á vosa maneira.SAÚDOS. BOAS LECTURAS E FELIZ EXCURSIÓN!!!






VIÑERON OS REIS!!!!

Á volta das vacacións agardábanos unha sorpresa.

Era unha sorpresa "agardada",  pois xa hai tempo que os Reis Magos non se esquecen de Pulpi e da nosa biblio e soen agasallarnos con novos libros, pelis e demais.

En realidade é un agasallo para tod@s que sempre nos gusta recibir.

Coma de costume abriron as caixas os máis pequenos e logo fómonos pasando uns aos outros, e unhas ás outras, uns ás outras, e unhas aos outros,  os diferentes libros para ir mirándoos. 
  









mércores

TENDA DE NADAL

Para recadar fondos para a excursión de fin de curso as rapazas e rapaces de 5º e 6º elaboraron estas manualidades e estes doces, que venderon o día do festival de Nadal a todos os nenos, nenas, profes e familias que quixeron mercar na súa tenda.

Preciosa iniciativa!!!
Parabéns a tod@s e ás profes que vos axudaron e motivaron nesta actividade.

E ás familias que seguro tiveron algo que ver na elaboración de tan exquisitos doces.