luns

AS NENAS E OS NENOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imitando un coñecido vídeo que circulou moito polas redes sociais, o alumnado de 3º e 4º, xunto as profes Bego e Iria, fixeron este fermoso vídeo, que foi amosado aos seus compañeiros e compañeiras na "Hora do conto" do Día 24 de novembro.

Parabéns por este fermoso traballo!!!!!


DEREITOS D@S NEN@S. APRENDELOS XOGANDO

O Concello de Mugardos, ademais do Pleno Infantil que xa vos contamos, preparou unha xornada de xogos intercentros no Pavillón do Cristo.
Para estes xogos enviaron unhas camisetas de diferentes cores para despois agrupar a nenos e nenas de idades similares de todos os coles do Concello cun logo superchulo!!!




RECORDÁMOSVOS QUE ESTE ANO INCIDÍASE NOS DEREITOS QUE DEFENDEN A IGUALDADE E A TOLERANCIA E AQUELES QUE REXEITAN O RACISMO.


 O XOGO é un dos dereitos fundamentais da infancia e xogando, xogando... aprenderon algúns outros.

Dereito á igualdade. Todos xuntos facemos subir o paracaídas e metémonos debaixo. A colaboración é fundamental.


Dereito á non discriminación. Cunha gafas que distorsionaban moito é difícil facer un percorrido sen axuda. E sen confianza.


Dereito á alimentación. Transportando auga desprazándose sobre uns "esquís" de dúas plazas. Supernecesarias a colaboración e a coordinación de esforzos.


E ata bailaron unha "Haka". 






As imaxes e o vídeo foron cedidas pola Biblioteca do CEIP. Unión Mugardesa, un dos coles cos que compartimos estas actividades.

Agradecemos moito a Cuqui, responsable da Biblioteca Escolar a súa xenerosidade.
Se clicades na imaxe (cabeceira do seu blog) podedes saber de todas as cousas chulas que alí fan.


domingo

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2018

Para conmemorar este día o alumnado de E. Primaria visionaron a película "La isla de Nim". Unha aventura cómica, chea de fantasía que demostra que unha nena que cría estar soa e unha adulta que ten medo do mundo poden ser as heroínas da súa propia historia cando descubren que son capaces de moito máis do que soñaran nunca.

Esta peli está baseada nun libro de Wendy Orr e Kerry Millard.





Antía, Sofía e Faia, de 4º  de E. Primaria,  leron o conto "Rosa caramelo" ao alumnado de E. Infantil.





Ademais a iniciativa do Concello sumámonos á campaña "En negro contra as violencias de xénero".




No cole recibimos un lazo de globos negro que colocamos na entrada do cole, pois fóra facía moito vento e podía voar.
Tamén os máis pequenos (E. Infantil, 1º e 2º de Primaria) globos negros inchados de helio, mochilas da campaña para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, e unhas camisetas para o profesorado.

Aquí tedes as fotos. Todas e todos en negro contra a violencia de xénero.



EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO by Slidely Slideshow

xoves

EDILES POR UN DÍA. DEREITOS D@S NEN@S NO CONCELLO

Esta actividade comenzou o curso pasado. Realizouse un Pleno infantil, onde cada Centro educativo presentou as súas mocións, escolléndose entre tod@s as mocións definitivas (todas relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas). Tamén levaban unhas preguntas para facerse entre os diferentes representantes tamén escollidas entre todo o alumnado participante de cada Colexio.




Clica na imaxe para acceder á entrada do ano pasado neste blog.

Este ano celebráronse logo 2 plenos diferentes.

O primeiro de Rendición de Contas do Pleno do ano pasa e seguidamente unha nova sesión cos concelleiros infantís electos no curso actual.

Neste Pleno debatiron sobre os dereitos da infancia en concreto sobre aqueles que promulgan a igualdade, a tolerancia e rexeitan o racismo. Os representantes de cada Centro educativo do Concello propoñerán as mocións que se escolleron democráticamente no seu cole, e de entre todas as presentadas escolleranse aquelas que serán presentadas ao Governo Municipal.

Ademáis cada centro propón unhas preguntas a representantes doutros centros (enviadas previamente) eestes expoñen as súas respostas. Ao igual @s nos@s representantes responderon ás recibidas dende os outros centros.

Estas foron as preguntas que nos fixeron e as nosas respostas:

Que vos parecería se o alumnado dos centros educativos de Mugardos colaboráramos dende os nosos colexios en campañas realizadas polo Concello de forma periódica para a recollida de alimentos, roupa e medicamentos que logo se entregarán á xente con poucos recursos?

Pareceríanos moi ben esta iniciativa. De feito dende o noso colexio colaboramos con campañas de recollida de roupa e tapóns. Por iso, estaríamos de acordo en participar cos nenos e nenas do Concello en campañas que favorezcan as persoas máis necesitadas. 

Custaríavos ter as vacacións máis repartidas durante o curso? Parécevos que estaría ben que foran os nenos e nenas os que puxeran os castigos dentro da súa clase? 

Esta pregunta non nos parece que esté relacionada co dereito a traballar “A  igualdade, a tolerancia e o racismo”. 
Mais pensamos que as vacacións están ben distribuidas como están. En canto a imposición dos castigos, consideramos que os nenos e mestres debemos negociar e decidir as normas do centro e da aula, máis a sanción por incumprimento das mesmas cremos que é función dun adulto. 


As Preguntas levadas polos noso representantes foron as que seguen:

PREGUNTAS:

Pregunta 1. Como concelleiros/as que medidas adoptariades para unha familia que ven do estranxeiro ao noso Concello sen recursos?

Pregunta 2. Como actuariades dende os Servizos Sociais ante un caso dun neno que está desprotexido nas necesidades básicas (alimentación, coidado, atención)?

Pregunta 3.Se un neno decidise levar un vestido a escola podería levalo sen recibir burlas?

Preguntas 4. Cando un neno se incorpora a un centro procedente doutro país. Como o acolledes no centro? Se se dese un caso de racismo . Como actuariades? 

Pregunta 5. En moitos empresas as mulleres cobran menos cartos por realizar o mesmo traballo ca un home, e normalmente, non lles outorgan cargos importantes. Como poderiamos cambiar esta situación?

MOCIÓNS / PETICIÓNS, propostas dende o noso cole.

1. Que dende o Concello se fagan actividades nos colexios traballando valores contra o racismo, a intolerancia, a violencia e o machismo. 

2. Que dende o Concello se deben fomentar programas de sensibilización nas aulas para conseguir a prevención da violencia dende que somos pequenos, xa que cremos que a solución ao problema da violencia de xénero ven dado da man da educación en igualdade. 

3. Que dende o Concello se promova a realización de obradoiros ou campañas dirixidas as nosas nais e país para sensibilizalos na importancia da igualdade e o reparto das tarefas domésticas entre todos, xa que a familia é un dos ámbitos básicos da nosa educación. 

4. Que o Concello colabore coas bibliotecas escolares repartindo libros diferentes aos contos de sempre, que traballen valores como a igualdade e o respecto a d










MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN

Un ano máis solicitamos acudir como público á Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, e un ano máis fomos admitidos. Esta mostra ten como obxetivo principal actúar como axente socializador, permitindo o aceso de novos públicos ao mundo das artes escénicas.

Así,  Educación Infantil acudiu o día 17 de outubro ao espectáculo Contacreques, da Compañía Eme 2.

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de “xigantes”.
O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
Nos transporta a un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques.

Estes contos forman parte dos fondos da nosa biblioteca e os días seguintes á representación foron levados á aula de infantil para recordar a súa historia


E o alumnado de E. Primaria acudiu o 7 de novembro á representación da obra "Lúa", de Teatro dos Ghazafelhos. 

Na obra  tratan das relacións que temos as personas do noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia a través dunha analoxía entre o fantástico e o máxico. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes na representación.

O texto de Pepablo Patinho e Nuria Díaz, integrantes da compañía, temén está editado en conto por Edicións Embora.

 Se clicades na imaxe veredes o vídeo de promoción
Se clicades na imaxe veredes o vídeo promocional da representación.



luns

SAÍDA AO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA

O pasado día 2 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizou unha visita ao Museo de Arte Moderno de A Coruña.
Esta saída foi organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares, actividade apoiada pola Biblioteca Escolar, que leva anos actualizando os fondos relativos ao Arte, apostando por unha maior formación e mellor información sobre o tema.

A saída, ademais dunha visita á certas exposicións incluía obradoiros plásticos segundo os cursos, que fixeron as ledicias de tod@s, nos que elaboraron as súas propias creacións artísticas que decoran os corredores do centro.




Visita museo de Bellas Artes Coruña by Slidely Slideshow



5º e 6º no museo de Bellas Artes Coruña by Slidely Slideshow

domingo

SAMAÍN E MAGOSTO

No cole temos o costume de celebrar practicamente de xeito simultáneo o Samaín e o Magosto.
Contámosvos como fixemos este ano.

Primeiro decoramos as aulas, os corredores, a biblioteca... e elaboramos cabazas coas familias que se espuxeron na entrada do cole.
Tamén en 5º elaboraron un mural especial para decorar o patio cuberto.
No día sinalado e durante  "A hora do conto" xuntouse todo o alumnado de EP para o visionado do vídeo "La leyenda del espantapájaros", aínda que tod@s estaban moi atentos a ver cando entraba a profe "Pili" a darlles un susto (como pasa cada ano). Eso non impediu que se asustaran igualmente.
Cando saían da biblio agardáballes unha divertida sorpresa. Varias profes disfrazadas de xeito "terrorífico" repartíanlles unha merenda de medo especialmente elaborada para a ocasión: "tumbas de crema de cacao" con versión para celíacos, e mandarinas-cabazas.





Samaín by Slidely Slideshow


Ao día seguinte celebrábase o magosto.

Xa uns días antes o alumnado de EInfantil, e 1º e 2º de Primaria fixeran unha saída pola contorna para recoller castañas. Tamén aprenderon a recoñecer os castiñeiros, as súas follas e os ourizos.



Saída de outono by Slidely Slideshow


E ao día seguinte ao do Samín que vos contamos, @ que así o quixo veu disfrazad@ do tema Samaín. Nas clases prepararon os manteis para sentarse ao redor durante a merenda á que convidaba a ANPA: boliños preñados, castañas asadas e elgo de beber.

Pasámolo xenial!!!

Non vos perdades escoitar o RAP DO MAGOSTO,  de Paco Nogueiras mentras vedes estas fotos!!



MAGOSTO 2017 by Slidely Slideshow

XOGOS DO MAGOSTO

Despois de tan estupenda merenda á que convidou a ANPA (boliños preñados, castañas asadas e máis algo para beber) disfrutamos da mañá participando nos xogos populares que instalamos na pista e no patio.
Por certo... Tamén houbo campionato de peón entre tod@s aquel@s que quixeron presentarse.
Aos gañador@s entregóuselles de agasallo un peón de colección.

E o ano que vén máis e mellor!!!


XOGOS DO MAGOSTO 2018 by Slidely Slideshow

sábado

A TROPA DE TRAPO EN MUGARDOS


Convidados polo Concello, e a través do seu concerto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, 3º,4º,5º e 6º de EP asistiron á representación da Compañía “A Tropa de Trapo” da súa obra “Ti tamén contas” no CEIP. Unión Mugardesa.  A través das historias de 'O home feliz', 'A pelota' ou 'Tumbé', que introducen cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais, póñense de relevo a relación entre a abundancia e a felicidade, o consumo responsable ou a importancia da cooperación.





ARDE GALICIA... E PORTUGAL, ASTURIAS, CASTELA LEÓN...

A xigante vaga de incendios forestais deste mes de outubro non podía pasar desapercibida no cole.
En moitas clases falouse do tema de acordo á idade do alumnado (perigos, necesidade de coidar os montes, resposta cidadá...).
En E. Infantil traballaron o tema co conto "¡Lume!" de Alberto Varela Ferreiro,  Ed. Xerais  e o visionado de fragmentos da película "Aviones 2: equipo de rescate".





Además por ciclos elaboránronse diferentes murais rexeitándo os incendios. Aquí vos deixamos reportaxe gráfico das súas creacións!!




ARDE GALICIA by Slidely Slideshow

venres

COMO FOI A ACTIVIDADE SOBRE O DÍA DAS ESCRITORAS?

E como estaba prometido aquí vos deixamos un resumo de como lles foi aos de4º,  5º e 6º coa actividade sobre O Meiga que co gallo do Día das Escritoras .
Ao final proporcionámoslles a información tamén nun PDF por se tiñan problemas con internet, xa que fixeron a actividade nas aulas porque na biblio están a poñernos unhas portas novas.



 




Descubrindo o Meiga cunha actividade sobre mulleres escritoras 2017 by Slidely Slideshow

Foi unha sorpresa descubrir todo o que podían saber sobre os fondos da nosa biblioteca e doutras.

xoves

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

Un ano máis o equipo de Actividades extraescolares, coa colaboración da Biblioteca escolar,  solicitou participar neste Plan Director Da Garda Civil.

As charlas foron para o alumnado de 5º e de 6º de E. Primaria e desenvolvéronse na biblio.
O tema escollido nesta ocasión foi o de Redes Sociais a través das novas tecnoloxías e o "bulling" relacionado coas mesmas. Búscase educar ao alumnado na boa utilización destas tecnoloxías así como dar ferramentas para actuar no caso de sufrir este tipo de "bulling".
Así de atent@s amosáronse tod@s:






Agardamos que o aprendido sexa de proveito, evitando un mal uso destas redes por parte do noso alumnado e a actuar no caso de ser víctimas do mesmo.