sábado

APRENDENDO A SER AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Un ano máis, nos primeiros días de curso o alumnado de 6º recibe unha formación específica sobre o seu traballo como axudantes de biblioteca.
Non só se trata de aprender a manexar o programa de xestión para realizar os empréstitos e as devolucións axeitadamente (moi importante, por certo) senón tamén das súas responsabilidades como axudantes, o seus compromisos e a necesidade de dar exemplo aos demais.
Tamén a coñecer ben a biblioteca. Saber onde se atopan os libros que podemos andar buscando, saber asesorar e tamén chamar á orde sen ser uns "mandóns" ou "mandonas".
Aquí vos deixo unhas fotos deses momentos acompañadas do RAP de El Langui "Se buscan valientes", porque ademais de que queremos que o sexan para deue é necesaria certa valentía para afrontar este traballo que realizarán.

GRAZAS CHIC@S!!!


APRENDENDO A SER AXUDANTES DE BIBLIOTECA by Slidely Slideshow

xoves

LÁMPADAS NA ZONA DE XESTIÓN

Xa hai tempo que mercáramos unhas pantallas moi chulas con idea de colocalas colgadas do teito sobre a zona de xestión.
E por fin, grazas ao Concello, colocáronnas. Cun interruptor que queda alí á man e quedaron superchulas!!!

A que si?




mércores

FESTEA: TEATRO DE OBXECTOS E MONICREQUES.


Non podemos deixar de recomendaros este festival de teatro de obxectos e monicreques que organiza por segundo ano consecutivo o Concello de Ferrol.


Imaxes extraídas do Faceboock do Concello de Ferrol

Todas as fins de semana de outubro e novembro.
Os sábados ás 18:00 e os domingos ás 12:00.
Entradas de balde.
No teatro Jofre, no Patio do Torrente Ballester ou no Centro Cívico de Caranza. (Clicando en cada nome accedes a súa situación en Google maps)
Son 10 compañías de Galicia, valencia, Madrid, Castela, Portugal e Guinea.

A partir de 3 anos.

Ides deixalo pasar?


COMPAÑÍAS QUE PARTICIPAN E ENLACES ÁS SÚAS PÁXINAS WEB (CLICANDO NA IMAXE):

AULADA TEATRO

XAROP TEATRO

TROPOS TEATRO

OS MONICREQUES DE KUKAS

VIRAVOLTA TÍTERES

TEATRO EXTREMO

EUGENIA MANZANERA


PARTÍCULAS ELEMENTALES

LA MAR DE MARIONETAS

BÚHO TEATRO



SEGURO, SEGURO QUE DISFRUTAREDES!!!