venres

AS TRES PORQUIÑAS. AUDIOCONTO DE 3º.

Margarida Corral, nai dunha alumna de 3º, agasallou á clase da súa filla con este fermoso conto de "As tres porquiñas". Unha versión actualizada do clásico e en clave de humor.
Así que as nenas e os nenos de 3º  puxeron as súas voces para narrar a través dun vídeo o conto que recibiran de agasallo por iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa colaboración inestimable da profe Iria.

E aquí tedes o resultado.

Grazas a Margarida polo agasallo.
Grazas ao EDL pola iniciativa.
Grazas ás nenas e nenos polo traballo.
E grazas á profe Iria que foi quen de organizalo todo para que saíse así de ben.


xoves

NURIA E MATEO!!! PARABÉNS!!!

Un ano máis dende o cole impulsamos a participación do noso alumnado no "XV Certame de Relato curto" do Concello de Mugardos. e con moi bos resultados.
E na clase de 4º están "que se saen". Nuria resultou gañadora co seu relato "Maia e o lago" e Mateo logrou unha mención especial polo seu titulado "Unha historia dixital".
Parabéns a estes chicos e a esta profe que tanto e tan ben traballou a expresión escrita!!!!
Clica aquí se queres acceder á páxina oficial dos premios.






martes

SAÍDA FERROL. ESCULTURA DE FRANCISCO LEIRO

O alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria visitaron a exposición de escultura de Francisco Leiro na sé de A fundación en Ferrol.
Era unha visita guiada onde se explicaban as obras que estaban alí expostas e o traballo do escultor. Nas paredes expoñíanse fotografías do escultor traballando no seu estudo.
Tamén realizamos un obradoiro, no que pola técnica da "estampación" realizabamos unha composición artística con elementos naturais (follas de árbore)
Durante a visita aproveitamos para visitar o mercado de A Magdalena e xogar no parque infantil do Cantón de Molíns.
Polo camiño admiramos varios edificios deseñados polo arquitecto Rodolfo Ucha así coma o Teatro Jofre, onde xa acudimos outras veces a algunha representación.
Gustounos moito moito, e á volta á escola fixemos debuxos sobre as esculturas que tiñamos visto e que máis nos impresionaron.
Pasámolo de marabilla!!!


Aquí deixamos fotos da visita:


VISITA Á EXPOSICIÓN FRANCISCO LEIRO by Slidely Slideshow

LIBRO "HISTORIAS DE AMOR"

Con motivo do Día dos Namorados ideamos elaborar un libro coas historias de amor que o noso alumnado recollese do seu ámbito familiar e social.
Para levalo a cabo editamos unhas circulares para que as familias axudasen facilitando este traballo e unhas entrevistas onde se recollesen os datos fundamentais. A partir da entrevista o alumnado redactaría a historia de amor, agás en E. Infantil onde poderían ser os pais/nais/familiares/veciñ@s os que as redactasen e o alumnado faría o debuxo correspondente.
Editamos dous modelos de entrevista: un máis sinxelo para 1º e 2º de Primaria e outro para o resto e tamén unhas planillas diferentes para redactar a historia de cada un, dependendo se se engadían ou non fotos.

Aquí vos deixamos o material empregado para a recollida.
Unha vez recollidos os datos chegou o momento do traballo de redacción, revisión, corrección... e elaboración do material que pasaría a formar parte dun libro moi especial que recolle historias de amor da xente que nos é próxima e que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. Seguro que será un dos títulos mías "visitados".


Historias de amor by Slidely Photo Gallery