domingo

PEPE TOBARUELA E "CINCO HORAS CON MAURO" POLO DÍA DO LIBRO

En 5º e 6º lemos este ano "Cinco horas con Mauro", de Pepe Torabuela, escritor de orixe catalán (idioma no que tamén escribiu) pero que reside en Galicia e escribe en Galego.
É autor de títulos coma " Unha vaca merela en Compostela", "Unha pantasma na cidade?" e a Serie "Formigas" na editorial Xerais entre outros.
Pero o que o trouxo á nosa biblioteca foi o título que publicou na Editorial Embora e que trata o tema do acoso escolar dun neno de 10 anos.
A súa visita coincidiu coa de Iago López así que ese día a biblioteca estivo chea de acción. Todo un luxo para conmemorar o Día do Libros.

A charla co alumnado foi do máis interesante, porque ademais de tratar o tema do acoso e de como solucionou o problema o protagonista da historia o alumnado preguntoulle moito sobre o oficio de escritor, das súas dificultades e as súas gratificacións...

Agradecemos á Editorial Embora esta visita e dar a oportunidade ás nenas e nenos do cole de coñecer ao escritor do libro que leron e poder falar del directamente co creador. Agradecemos tamén a Pepe Tobaruela o seu "saber facer" para conectar cos rapaces e rapazas.


PEPE TOBARUELA NA BIBLIO by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario