luns

CAL É O TEU LIBRO FAVORITO DA BIBLIOTECA?

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil o equipo de biblioteca propuxo esta actividade.

Cada nen@ personalizou o seu marcapáxinas, especialmente deseñado para a ocasión, esolleu o seu libro favorito da biblioteca e o colocou nunhas caixas especiais na entrada do cole.
Se algún libro é o favorito de vari@s nen@s non hai problema, se lle colocan os marcapáxiñas de todos os "fans"... e listo.

Coma as caixas quedarán na entrada do cole durante un tempo puidemos "cotillear" sobre as preferencias dos demais... e así de paso puidemos descubrir libros que nos pasaron desapercibidos ou ben volver a valorar algúns aos que non lle tiñamos dada importancia....

En fin, poñer de relevo que na biblioteca contamos con fondos que se axustan aos gustos de tod@s.

Aquí tedes unha mostra dos marcapáxinas elaborados para a ocasión:


E aqui vos deixamos unhas fotos da actividade:




CAL É O MEU LIBRO FAVORITO? by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario