domingo

POEMAS DE MANUEL MARÍA ILUSTRADOS

Por ter Manuel María, o autor homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas, moitos poemas infantís publicados, non podiamos deixar pasar a ocasión e decidimos elaborar un libro ilustrando os seus poemas. Pero pareceunos moi interesante que un mesmo poema fose ilustrado por alumnos e alumnas de diferentes idades e así poder disfrutar da maneira de cada quen para reflectir o que sente na lectura.

E aquí tedes o resultado, nun libro que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca, na sección de Libros elaborados polo alumnado.

Grazas a todos e todas!!!


venres

TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

En 4º de Primaria, no "Obradoiro de teatro" que se imparte na hora de libre configuración do Centro, e baixo a dirección da profe Iria, prepararon así de ben a obra de Manuel María (autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas), "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".
Representárona na biblioteca durante a "Hora de ler" e foi todo un éxito, como podedes comprobar.
(Clicade nos enlaces anteriores para saber máis do autor e para ler a obra de teatro)

Parabéns aos artistas e á profe!!!




xoves

CONCERTO DE CELLOS NA BIBLIOTECA

O pasado 19 de maio tivemos o grande pracer de disfrutar dun concerto de Cellos na biblioteca.
Un cuarteto integrado por Emma Urango , profesora do conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e as súas alumnas de 6º de Grado Profesional Eva Fernández, Iria Souto e Andrea Trillo, interpretaron 8 obras de diferntes épocas e estilos musicais. Eva Fernández foi alumna do noso Centro e é todo un pracer para nós vela tocar aquí.
Ademais de escoitar e ver tan de cerca unha interpretación en directo puidemos aprender máis cousas sobre o instrumento que utilizan.
Aquí vos deixamos os vídeos das diferentes pezas que interpretaron.


Suite VI de Bach




Suite VI de  Bach (continuación)




Sinfonía nº 9 de Beethoven




Danza Polaca de Bartok




Tango "Por una cabeza" de Gardel



 Banda sonora de Juego de Tronos




Banda sonora de La guerra de las galaxias




Viva la vida de Coldplay





Estaredes de acordo comigo que foi todo un luxo.

Por suposto firmaron no noso libro de visitas e recibiron un pequeno agasallo así como un diploma da biblioteca.

E aquí tedes algunha das imaxes que tomamos dese día.





mércores

FRAN É PROFE DE XADREZ!!!

Francisco, alumno de 6º, xoga moi ben ao xadrez. É un máquina!!!
Por iso a profe Luci propúxolle crear un obradoiro de xadrez no cole.
Fran ensinou a nenos e nenas do cole que así o querían os segredos deste xogo, Para iso utilizou moitos recreos (establecendo turnos por cursos) e tamén algún que outro momento.

Grazas MAERSTRO!!!








MARCAPÁXINAS DE AGASALLO POLO DÍA DO LIBRO

Mirade que chulos quedaron os marcapáxinas con que vos agasallamos o día do libro!!





En Educación Infantil regalamos outro dun fabuloso dragón. Sentímolo pero non temos fotografías do resultado final.


Se queredes facer máis, para ter outros ou para regalar a alguén non tedes máis que imprimir os que aquí vos deixamos!!!