luns

HORA DO CONTO NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Non pòdiamos deixar pasar esta data sen organizar algunha actividade especial na Hora do Conto.
Todos reunidos na biblioteca cantamos xuntos a canción deste vídeo que tanto nos gusta e non nos cansamos de ver, e que ademais coñecemos porque traballamos a canción co seu conto e disco na clase de música. (Tamén outras, coma a que contén o fragmento escollido pola AELG para as postais deste ano).

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis sumámonos á proposta que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega propuxo para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. 
Fixámolo introducindo unha pequena variación.
Decoramos a postal proposta pola asociación cun fragmento dun poema de Rosalía, pero en vez de enviala por correo ordinario organizamos o noso propio servizo de correos interno.
Indicamos a cada alumno e alumna a quen lle tiñan que escribir a postal decorada, pegámoslle o noso selo particular,
 e logo introducímolas nuns buzóns que a tal efecto colocamos nos corredores.







E o noso carteiro particular foi entregándollelas aos nenos e nenas nas aulas con "acuse de recibo" (isto é firmando a entrega nun listado elaborado a tal fin).





HORA DO CONTO NO DÍA DOS NAMORADOS

Para esta edición especial da "Hora do conto" contamos coa colaboración da profe Merce e de Miguel, que prepararon a lectura dun dos contos que máis lle gustan ao noso compañeiro.
Trátase de "El león que no sabía escribir", de Martín Baltscheit, de Lóguez Ediciones. (Clica na imaxe para saber máis)






E así nolo contaron:












Aquí vos deixo un vídeo do conto relatado por nenos e nenas:






PALABRAS DE AMOR

Tamén dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xurdiu esta fermos iniciativa.
Búsqueda de palabras ou frases de amor en películas, cancións, contos, libros, ....

Fermosas palabras e fermoso resultado!
Parabéns chic@s!

CORAZÓNS E MÁIS CORAZÓNS

O equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao noso alumnado a elaboración de corazóns en diferentes soportes e materiais ( fotografías, manualidades, dibuxo....).
E aquí tedes o resultado. a vosa creatividade sempre nos sorprende.

PREMIADOS E PREMIADAS NO 4º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Nesta presentación tedes os nomes dos gañadores e gañadoras desta edición, así como as cartas coas que concursaron. Moitas grazas a tod@s unha vez máis.




4º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

More presentations from bibliofranza

domingo

NAMORADOS 2016

Un ano máis, e xa van 4, organizamos o "Concurso de cartas de amor".
Enviamos unha circular:

Colocamos carteis e os buzóns para recoller as cartas participantes:









O xurado reuniuse e despois dunha difícil deliberación outorgáronse dous premios en Educación Infantil, dous en 1º e 2º de Educación Primaria, dous en 3º e 4º de E. Primaria e outros dous en 5º e 6º de E. Primaria.
Este ano na sección de adultos non houbo participantes.




Entrega de premios do 4º Concurso de cartas de amor by Slidely Slideshow

venres

LIBRO ESTRELA DE MENSAXES DE PAZ

Con motivo do Día da Paz 2016 repartimos entre o alumnado unha planilla na que escribir e debuxar unha mensaxe de Paz.
A planilla estaba deseñada para encaixar nun libro con forma de estrela elaborado a partir dunha revista con técnicas de papiroflexia.
Tratábase de crear un Libro Colectivo da Paz, cunha forma orixinal e alternativa ao libro tradicional, no que combinar diferentes artes.
Un libro que nunca se pecha,un  libro no que podes pasar as páxinas unha e outra vez e deixalo aberto na que mais che guste cada día.
E aquí tedes o resultado.


LIBRO ESTRELA DE MENSAXES DE PAZ by Slidely Slideshow