domingo

PEQUENO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE PERSOAS QUE LOITARON POLA PAZ

Este pequeno traballo foi elaborado en 4º de Primaria e colocáronno no corredor, onde todos puidemos aprender do seu traballo.

MOITAS GRAZAS!!!


SEMANA DE ENTROIDO 2016. VENRES

Todo o cole disfrazado de Romanos e Romanas. Tema escollido para traballar nas aulas este curso a propósito da inauguración do Museo do Caldoval (esperemos que abra pronto).

Mirade ben todas as fotos.... A ver quen é capaz de atopar a "Unha romana moi desequilibrada".

Se alguén a atopa que llo diga á profe Merce (en segredo). Faremos unha lista cos acertantes e nomearémolos "Inspectores e Inspectoras de Honra".
ATRÉVESTE?






SEMANA DO ENTROIDO 2016

Degustación dos postres de Entroido dos que escribiron a receita.... en pixama e bata....

SEMANA DO ENTROIDO 2016. MÉRCORES

Algo para ir nadar...


SEMANA DO ENTROIDO 2016. MARTES

Algo no pescozo...


SEMANA DO ENTROIDO 2016. LUNS

sábado

CANTANDO XUNTOS POLA PAZ

Non quixemos deixar pasar esta data sen xuntarnos todos a cantar.
Porque a música ten o poder de unir á xente, e porque construír algo fermoso entre tod@s é un momento máxico e especial. Porque xuntos tamén podemos construir a PAZ.

Agardamos que vos guste.


POMBAS DA PAZ

En E. Infantil nos agasallaron con cunha fermosas pombas de cores coas que adornamos a entrada do cole.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ARTE!!!!!







CARREIRA SOLIDARIA 2016. DÍA DA PAZ

Un ano máis colaboramos coa ONG SAVE THE CHILDREN, coa celebración dunha carreira solidaria.
Por cada volta á pista, (correndo, se entende) os padriños do alumnado (que buscaron entre a familia e os amigos) comprométense a aportar unha cantidade determinada.
Cada neno e nena do cole corre as voltas das que é capaz. Tamén Alberto, o conserxe. O profesorado contabiliza as voltas de cada participante e anótanse na súa ficha.
Os cartos recollidos envíanse a esta ONG.

É fermoso ver a todos e todas esforzarse en aguantar correndo para así poder axudar máis. e eu creo que os cartos recadados son unha axuda moi importante para quen máis o precisa, pero tamén creo que este xesto de solidariedade é un fermoso agasallo que os nenos e nenas do cole fan á humanidade.

Grazas unha vez máis!!

(Se clicades na presentación veredes as fotos en grande e podedes descargalas).


HORA DO CONTO. DÍA DA PAZ EN E.INFANTIL

En educación infantil compartiron este vídeo sobre a paz. Ver e escoitar contos.... compartir historias, escoitar a outros lendo.....
Lecturas compartidas pola paz.


HORA DE LER. DÍA DA PAZ

Non podiamos deixar pasar esta data sen unha lectura especial e compartida por todos os nenos e nenas de E. Primaria.
Os nenos e nenas de 6º prepararon a lectura do libro "Nelson Mandela", da editorial Juventud, (clicade no enlace) que nos fixo comprender a todos a importancia desta figura e dos dereitos polos que loitou toda a súa vida.
Moitas grazas a estes compañeiros e compañeiras, e á profe Lucía, que preparou con eles esta lectura.






A PAZ EN TESELADOS

E este é o mural que fixemos en 1º .
Inspirándonos nos Teselados de Escher, e utilizando unha pomba (símbolo da Paz), creamos este mural, que podería ser infinito..... (Se clicades no enlace podedes saber máis sobre Escher, visitando o seu sitio oficial).
Esperamos que vos guste.




A PAZ EN TESELADOS - Kizoa Movie Maker


Aquí vos deixamos algún dos teselados de Escher preferidos por nós.(Atopadas en Google)










CON PICASO E A PAZ

Este é o mural que se elaborou en 4º de e. Primaria con motivo do Día da Paz.
A partires da Pomba da Paz de Picaso e xogando coas cores e os pinceis.
Porque onde hai ARTE sempre hai PAZ.



APRENDENDO A USAR OS LIBROS ELECTRÓNICOS

Os nenos e nenas de 6º utilizan os libros electrónicos na hora de ler.
Nas primeiras sesións aprenderon a utilizar os dispositivos en pequenos grupos, e probando as súas posibilidades (cambiar o tamaño de letra, escoller novos libros, utilizare o buscador. consultar os diccionarios....).
Axiña os manexaban con moita fluidez, pero por se tiñan dúbidas contaban coa guía de uso elaborada polo equipo de biblioteca en anos anteriores.

 Guía de uso dos libros electrónicos - CEIP Santiago Apóstolo

Agora e por turnos utilizan os dispositivos nas súas lecturas diarias.