martes

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar esta data, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria prepararon o recitado dalgúns poemiñas, xunto coas súas profes Cristina e Paula.
Preparáronse moi a fondo, como podedes ver no vídeo que recolle esta marabilloso momento.
Unha vez máis darlles os nosos parabéns.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Un ano máis, este 8 de marzo quixemos homenaxear ás mulleres traballadoras e seguir a denunciar as desigualdades que aínda están vixentes.
Foi a través do teatro, do cómic e da elaboración de carteis e debuxos como o celebramos.
Carla e Eli, de 6º de Primaria (xunto co apoio de todos os seus compañeir@s e do esforzo da súa profe Begoña) prepararon esta pequena representación teatral, que fixo as ledicias de tod@s.





O cartel que conmemoraba o día foi unha historieta de "Vida de nai" , cómic de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli, editado en El Patito Editorial, do que temos un exemplar na bilioteca.
 Clicando na imaxe accederedes á  reseña que deste cómic fixeron no blog "Trafegando Ronseis", blogue de referencia de moitas bibliotecas escolares de Galicia (e doutras partes do mundo).





Estes son os carteis que en 6º elaboraron.











MÁIS SOBRE O DÍA DE ROSALÍA 2015


Ás Rosalías de cen follas, poliédricas e complexas. Intimistas e sociais, populares e cultas, melancólicas e valentes, sensibles, feras, costeiras e do interior, nais e fillas, mulleres, homes, nenas, presentes e emigrantes... Todas pespuntadas á mesma alma poeta. Rosalía sempre!

Texto extraído da páxina da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do seu manifesto 2015.
 Clica na imaxe para acceder á páxina da AELG

Esta é a nosa homenaxe e unha das nosas contribucións para este día.

Eu tamén son Rosalía. Parte I




EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow


Eu tamén son Rosalía. Parte II



EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow

luns

ENTREGA DE PREMIOS DO 3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro, celebramos un ano máis o día de Rosalía de Castro.
Entre outras actividades que se fixeron nas diferentes aulas, xuntámonos tod@s na biblio para celebralo en xuntanza.
Primeiro visionamos este precioso vídeo




Despois os nenos e nenas de 4º de Primaria recitaron algúns dos seus poemas.. e fixérono así de ben:






biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

UNHA HISTORIA DE AMOR

Esta "curtametraxe" foi nominada aos Oscar  na categoría de Mellor Curtametraxe Animada” no ano  2009 aínda que non levou o premio. 
Foi dirixida por Konstantin Eduardovich Bronzit , un dos máis afamados directores e animadores rusos.
Esperamos que pasedes un gran rato con esta bonita e tenra historia de amor... Porque o amor pode chegar e xurdir onde e cando menos o esperas...


3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis puxemos en marcha o "Concurso de cartas de amor".
Como en anos anteriores enviamos unha circular ás casa animando a pparticipar a toda a comunidade educativa, puxemos carteis anunciando a actividade e colocamos na entrada os "buzóns" onde deixar as cartas elaboradas.

Aquí tedes as fotos das cartas presentadas. MOITAS GRAZAS A TOD@S OS PARTICIPANTES.
En datas próximas faremos a entrega de premios, trala deliberación do xurado.
Non vos preocupedes, deixaremos aquí constancia dos premiados e dos premios.



3ºCONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2015 by Slidely Slideshow

DÍA DOS NAMORADOS 2015

Este ano, ademais de celebrar o "3º Concurso de cartas de amor", reunimonos todos e todas na biblio para escoitar unha pequena escolma de poemas de amor.
Todos os poemas escollidos estaban pegados no taboleiro da entrada, ademáis cada quen podía coller aqueles que máis lle gustaron para levar para casa ou para agasallar a quen quixeramos.
Participaron na lectura compañeiros e compañeiras de todos os cursos de Primaria que o fixeron moi, pero que moi ben.
De despedida Pulpi agasallounos cunha gominola en forma de corazón.

A quí tedes as fotos:



LECTURA DE ÒEMAS POLO DÍA DOS NAMORADOS by Slidely Slideshow


E aquí tedes os poemas desta escolma, con enlaces para poder escoitar aqueles que teñen versións musicais.