luns

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

As nosas recomendacións lectoras para este Nadal.
Porque Nadal é tempo de agasallos, e porque sabemos que un dos mellores agasallos é un bo libro.
Porque todo tempo é bo para ler, e porque como di o noso boletín:
COMO SOMOS ESPELIDOS NO NADAL PEDIMOS... LIBROS!.






Se queredes consultar as recomendacións lectoras doutros Centros educativos, aquí vos deixamos o enlace ao Blog das Bibliotecas Escolares de Galicia, onde se recollen moitas das suxestións lectoras para este Nadal. (Clicade na imaxe)



IMAXES DO FESTIVAL

Grazas a  Margarida Corral Sánchez, que nos enviou estas fotos.



FESTIVAL DE NADAL 2015 by Slidely Slideshow

FESTIVAL DE NADAL 2015

E aquí tedes os vídeos das diferentes actuacións do Festival de Nadal deste curso.
Disfrutádeos!




PAPÁ NOEL E OS SEUS TRASNOS. Teatro de 3º de E. Primaria.







"ALÓ POR UN CAMIÑO". PANXOLIÑA DE 4º E 5º DE E.INFANTIL.









"O NADAL". PANXOLIÑA DE 1º DE E. PRIMARIA CON PERCUSIÓN CORPORAL.








"O CANCIÑO". PANXOLIÑA DE 6º DE E. INFANTIL









"APERTAS QUE VOAN" DE PACO NOGUEIRAS. DANZA DE 2º DE E. PRIMARIA.






"LA LUZ QUE NACE EN TI". 2º E. PRIMARIA





CARNAVAITO. DANZA DE 3º DE E. PRIMARIA





PANXOLIÑA-ROCK. 5º DE E. PRIMARIA





PERCUSIÓN ROCK CON BOTELLAS. 4º DE E. PRIMARIA





SAMBA DO NADAL. 6º DE E. PRIMARIA




E así foi o Festival de Nadal 2015.
Agardamos teña sido do agrado de tod@s.
Agradecer ao noso alumnado o traballo e o esforzo que fixeron para compartir con toda a comunidade ecucativa estes marabillosos momentos.
Unha vez máis a nosa biblioteca foi testigo da vosa arte.
FELIZ ANO NOVO!!!!

domingo

MERENDA DE NADAL

A ANPA do cole agasallounos cun exquisito chocolate con churros co que tod@s nos relambimos.
MOITAS GRAZAS!



MERENDA DE NADAL by Slidely Slideshow

PAPÁ NOEL NOS VISITOU.

Recibimos a visita de Papá Noel, que recolleu as cartas de tod@ e agasallounos coa súa conversa e cun paquete de golosinas.
A Biblio xa estaba preparada para o noso festival, e alí nunha das nosas preciosas sillas estaba agardándonos.

sábado

ADORNOS DE NADAL

E un ano máis participamos cos comerciantes de Mugardos na elaboración de adornos de Nadal con material de reciclaxe.
Ademáis dende Normalización Lingüística propúxose a creeación dun mural de desexos de Nadal.
Así de chula luciu a entrada do cole!!

biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

martes

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO

Porque aínda é preciso ter unha data coma esta no noso calendario.
Porque queremos un mundo onde os homes e mulleres sexan verdadeiramente iguales.
Porque rexeitamos calquera tipo de violencia e especialmente a exercida contra as mulleres en base á súa condición de mulleres.
Porque unha de cada tres mulleres do noso mundo pode sufrir violencia e abuso durante a súa vida e isto contiúa a ser unha das pandemias máis invisibles e pouco recoñecidas do noso tempo.


Neste día o alumnado de 4º de E. Primaria preparou a lectura do conto "A Cincenta que non quería comer perdices", de Nunila López Salamero e Myriam Cameros Sierra.
Para iso proxectamos as imaxes do conto na pantalla e preparamos unha traducción ao galego e adaptada aos nenos e nenas do noso cole.

Se queredes ver o resultado non tedes máis que ler o conto nesta publicación.

Agardamos que vos guste.

RELATO DE MEDO POLO SAMAÍN 2015

E aquí vos deixamos o relato de medo do Samaín.
Non se ve moi ben pois estaba todo moi, moi oscuro, e a nosa cámara non é de profesionais... Pero escoitaredes moi ben a magnífica interpretación do profe Fran e disfrutaredes da mesma todas as veces que queirades.

SAMAÍN 2015

Un ano máis festexamos o Magosto e o Samaín nunha única festa.
Foron varias as actividades que tiveron lugar en data tan sinalada.
A primeira de todas unha marabillosa exposición de cabazas terroríficas feitas polo noso alumnado coa axuda das súas familias e que quedaron así de ben na entrada do cole.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!



EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN by Slidely Slideshow

Ese día houbo un conto de medo na biblio. De medo.... pero de moooiiitooo meeedoooo!. O podedes ver na entrada correspondente do blog ou clicando aquí.



Adornado todo isto cunha morea de cabazas acesas.





Despois houbo unha magnífica merenda de castañas asadas e bolos preñados, xentileza da ANPA do cole.



MERENDA DO MAGOSTO 2015 by Slidely Slideshow


E rematamos a festa con xogos populares, celebrando ademais o Día do Peón, con premios para os mellores.

PASÁMOLO DE MEDO!!!


LUIS VALLECILLO POLO SAMAÍN

E na semana do Samaín contamos coa actuación de Luís Vallecillo.
Aquí podedes ver momentos da súa actuación, así como a decoración tan chula que entre tod@s puxeron na biblioteca.


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

sábado

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

Para conmemorar esta data tan sinalada celebramos unha sesión especial de "A hora do conto".
Esta vez a lectura correu a cargo das nenas e dos nenos de 3º de Primaria, que xunto coa profe Begoña prepararon un conto moi, moi especial.

E que tiña de especial?
Pois que de entre toooodoooos os contos que temos na biblioteca decidimos escoller un dos escritos e ilustrados polo noso alumnado.

Hai anos, exactamente no ano 2001, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria inventaron un conto colectivo.  "A marabillosa historia da castaña viaxeira" conta as andanzas dunha castaña nacida no Lodairo (aquí mesmiño, detrás do cole). Viaxou por moitos países e ata foi testigo da caída das torres xemelgas..... Tamén se fixeron cargo das ilustracións en branco e negro, xa que foi ideado para editar na revista do cole.
Anos máis tarde, os nenos e nenas de E. Infantil atoparon o conto nunha revista e decidiron ampliar as ilustracións e colorealas. Desta maneira naceu o exemplar que hoxe está na biblioteca, xunto coas demais produccións propias, e co que quixemos celebrar este día.

Aquí tedes as imaxes do día e se queredes ler o libro non tedes máis que buscalo na biblio.



Día da biblioteca 2015 by Slidely Slideshow

RECREOS NA BIBLIOTECA

Durante os recreos son moitos os alumnos e alumnas que se achegan á biblioteca.
Algúns tan só para coller un libro en empréstito ou para devolvelo ( ou para as dúas cousas) e outros para pasar un tempo de lecer coa lectura, os puzles, os xogos, para pintar, para escribir.....
E os maiores para traballar!!!!
Para que todo o mundo poida ver o que se "coce" na biblio nos recreos, aquí vos deixamos unhas fotos deses momentos.


Recreos na biblioteca by Slidely Slideshow

mércores

AXUDANTES DE BIBLIOTECA, AXUDANTES DE LUXO.

Os rapaces e rapazas de 6º serán os axudantes da biblioteca deste novo curso 2015-2016.
Para ser quen de facer moi, moi ben o seu traballo estiveron aprendendo a manexar o programa Meiga e a coñecer a fondo a biblioteca e as súas normas.
Todo isto ocurriu en setembro. Amosaron un grande interés e unha grande facilidade para aprender.
Seguro que o fan DE CINE.
Moitas grazas chic@s.


Así aprenderon:




AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2015-2016 by Slidely Slideshow

xoves

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. XUÑO DE 2015

Aquí vos deixamos uns vídeos do último festival.
Foron unhas actuacións impresionantes.
Parabéns a todas e todos!
Felices vacacións!


mércores

A VESPA VELUTINA.

O 26 de outubro recibimos na bibliotea do Centro a visita de expertos de A Casa do Mel de Goente, para que aprenderamos máis sobre a vespa velutina e o risco que supón para as nosas colmeas.


Así o recolleron no seu blog os nenos e nenas de 2º :





Avispa velutina from alevillafer

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

luns

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN DO 2015

Por se perdedes as nosas recomendacións en papel, deixámolas aquí para que poidades descargalas cantas veces queirades.
Animádevos a ler algún destes títulos, que escollimos especialmente para vós,  durante o verán.
Seguro que non vos arrepentiredes.
Vémosnos en setembro! e nos contades que tal.

PULPI


PAIS E NAIS CON MOITO QUE CONTAR

Un ano máis convidamos ás familias a lernos un conto na Biblio. E un ano máis a resposta oi marabillosa.
Porque a lectura ofrécenos a posibilidade de ser compartida, e cando isto ocurre creamos un momento máxico e único, compartindo aventuras e sentimentos, escoitando o que outr@s escribiron na voz dos que máis queremos, disfrutando en grupo dun acto tan sinxelo e á vez tan complejo como é ler un conto.
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA XENEROSIDADE!!!
AGARDÁMOSVOS O CURSO QUE VÉN!!!

PAIS E NAIS CONTAN CONTOS by Slidely Slideshow

xoves

PARABÉNS BLANCA!, PARABÉNS LORENA!

Dúas moi boas noticias!!

Blanca Gago, da clase de 4º, foi gañadora do VIII Certame de Poesía do Concello de Mugardos, co seu poema "As amizades da vida".
Lorena Pereira, da clase de 3º, foi a gañadora do XIII Certame de Relato Curto en Galego convocado polo Concello de Mugardos, coa súa obra "Conto para Lisa". (Se clicades no enlace podedes ver a noticia en "La Voz de Galicia", e na páxina do Concello de Mugardos)
Parabéns a Lorena,  parabéns a Blanca e para tod@s @s que tedes participado, por crear historias tan bonitas coma as que tedes creado.





Custom Glitter Text




Custom Glitter Text




mércores

COMPARTINDO CONTOS

Neste mes de maio celebramos unha vez máis Apadriñamentos lectores. 
Nesta ocasión alumnos e alumnsas de 5º e 6º foron padriños e madriñas do alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.
Porque unha das mellores cousas que a lectura ofrece é podela compartir con alguén, e porque cando compartimos lecturas creamos momentos máxicos, únicos e especiis.
Se o dubidades mirade estas imaxes e decide se non recollen "Momentos marabillosos".



biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

DÍA DO LIBRO

E mentres os maiores ( de 3º a 6º) escoitaban o relato de Xurxo Gago na Biblioteca, os mías pequenos ( E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria) na aula de informática, aprendían moito sobre D. Quijote e sobre Miguel de Cervantes mediante unha marabillosa páxina web.
Se clicades na imaxe poderedes acceder a ela tantas veces como queirades.


O RITUAL SAGRADO I, II E II" AGASALLO DE: XURXO GAGO

Xurxo, o pai de Blanca leva tres anos vindo á escola a lernos un dos seus relatos.
Este ano foi a terceira edición, nunha data tan sinalada como é "O Día do Libro".
Preparou a lectura xunto coa súa filla e algúns dos compañeiros e compañeiras de 5º.
Acompañou o seu relato con imaxes por el seleccionadas de con música de fondo.
E ademais autorizounos a publicar os seus relatos.
A aquí vos quedan. para o que desexe asomarse ao mundo máxico que describe.
MOITAS GRAZAS, XURXO!!!






martes

TINGUIR PANOS. EXPERIMENTO DA CLASE DE 2º

En 2º de E. Primaria realizamos este fantástico experimento na clase.
Despois escribimos e dibuxamos un caderniño onde contamos como o fixemos.



luns

IAGO CONTACONTOS

O 26 de marzo recibimos a visita de Iago,por cortesía da Editorial Anaya, que nos contou o conto "Augusta e os seus medos".
Augusta, unha nena chea de sonos, pero tan medrosa que non consigue que ningún se lle cumpra.
Foi unha actuación estupenda, e pasámolo de medo.

IAGO CONTOUNOS UN CONTO by Slidely Slideshow

martes

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar esta data, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria prepararon o recitado dalgúns poemiñas, xunto coas súas profes Cristina e Paula.
Preparáronse moi a fondo, como podedes ver no vídeo que recolle esta marabilloso momento.
Unha vez máis darlles os nosos parabéns.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Un ano máis, este 8 de marzo quixemos homenaxear ás mulleres traballadoras e seguir a denunciar as desigualdades que aínda están vixentes.
Foi a través do teatro, do cómic e da elaboración de carteis e debuxos como o celebramos.
Carla e Eli, de 6º de Primaria (xunto co apoio de todos os seus compañeir@s e do esforzo da súa profe Begoña) prepararon esta pequena representación teatral, que fixo as ledicias de tod@s.





O cartel que conmemoraba o día foi unha historieta de "Vida de nai" , cómic de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli, editado en El Patito Editorial, do que temos un exemplar na bilioteca.
 Clicando na imaxe accederedes á  reseña que deste cómic fixeron no blog "Trafegando Ronseis", blogue de referencia de moitas bibliotecas escolares de Galicia (e doutras partes do mundo).





Estes son os carteis que en 6º elaboraron.











MÁIS SOBRE O DÍA DE ROSALÍA 2015


Ás Rosalías de cen follas, poliédricas e complexas. Intimistas e sociais, populares e cultas, melancólicas e valentes, sensibles, feras, costeiras e do interior, nais e fillas, mulleres, homes, nenas, presentes e emigrantes... Todas pespuntadas á mesma alma poeta. Rosalía sempre!

Texto extraído da páxina da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do seu manifesto 2015.
 Clica na imaxe para acceder á páxina da AELG

Esta é a nosa homenaxe e unha das nosas contribucións para este día.

Eu tamén son Rosalía. Parte I




EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow


Eu tamén son Rosalía. Parte II



EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow

luns

ENTREGA DE PREMIOS DO 3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro, celebramos un ano máis o día de Rosalía de Castro.
Entre outras actividades que se fixeron nas diferentes aulas, xuntámonos tod@s na biblio para celebralo en xuntanza.
Primeiro visionamos este precioso vídeo




Despois os nenos e nenas de 4º de Primaria recitaron algúns dos seus poemas.. e fixérono así de ben:






biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

UNHA HISTORIA DE AMOR

Esta "curtametraxe" foi nominada aos Oscar  na categoría de Mellor Curtametraxe Animada” no ano  2009 aínda que non levou o premio. 
Foi dirixida por Konstantin Eduardovich Bronzit , un dos máis afamados directores e animadores rusos.
Esperamos que pasedes un gran rato con esta bonita e tenra historia de amor... Porque o amor pode chegar e xurdir onde e cando menos o esperas...


3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis puxemos en marcha o "Concurso de cartas de amor".
Como en anos anteriores enviamos unha circular ás casa animando a pparticipar a toda a comunidade educativa, puxemos carteis anunciando a actividade e colocamos na entrada os "buzóns" onde deixar as cartas elaboradas.

Aquí tedes as fotos das cartas presentadas. MOITAS GRAZAS A TOD@S OS PARTICIPANTES.
En datas próximas faremos a entrega de premios, trala deliberación do xurado.
Non vos preocupedes, deixaremos aquí constancia dos premiados e dos premios.



3ºCONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2015 by Slidely Slideshow

DÍA DOS NAMORADOS 2015

Este ano, ademais de celebrar o "3º Concurso de cartas de amor", reunimonos todos e todas na biblio para escoitar unha pequena escolma de poemas de amor.
Todos os poemas escollidos estaban pegados no taboleiro da entrada, ademáis cada quen podía coller aqueles que máis lle gustaron para levar para casa ou para agasallar a quen quixeramos.
Participaron na lectura compañeiros e compañeiras de todos os cursos de Primaria que o fixeron moi, pero que moi ben.
De despedida Pulpi agasallounos cunha gominola en forma de corazón.

A quí tedes as fotos:



LECTURA DE ÒEMAS POLO DÍA DOS NAMORADOS by Slidely Slideshow


E aquí tedes os poemas desta escolma, con enlaces para poder escoitar aqueles que teñen versións musicais.


domingo

ENTROIDO 2015

Un ano máis festexamos estas datas cos "Mandados de Pulpi".
Para o Luns tratábase de levar unha bata de casa. 










 Para o Martes "algo na cabeza".












E o Mércores a cara pintada.













E unha barriga ben gorda HABÍA QUE LUCIR O XOVES. Porque como sabedes, o xoves é o día no que degustamos todos eses postres de Entroido que traedes os que participades nesta actividade que se propón dende Normalización Lingüística, e así podiamos disimular mellor todo o que merendamos!.
Por certo se alguén quere a receita non ten máis que pedila, xa que antes de traer os postres traedes as receitas por escrito e témolas a bo recaudo!


















E o venres disfrazámonos de PROFESIÓNS, pero cun disfraz argallado na casa. Tratábase de recuperar as nosas tradicións e ademáis educar no bo consumo.
E así de guapos e guapas lucimos: