mércores

A PROFE CARMEN GÓMEZ VEU CONTARNOS UN CONTO

A profe Carmen tiña moitas, moitas gañas de vir contarnos un conto. E nós de que así o fixera. Así que non houbo máis que falar.
Escollimos o conto. Ela mesma preparou as imaxes para que tod@s puidésemos marabillarnos e puxo voz ao texto. 
El diario de las cajas de fósforos, un álbum ilustrado da Editorial Juventud, escrito por Paul Fleichman e ilustrado por Bagram Ibatoulline.
A historia dunha vida marcada pola pobreza e a emigración. Empezar de cero nun país que non é o propio. O esforzo e o traballo duro para saír adiante... 
Unha historia de cando moitos nenos e nenas nunca aprendían a ler nin escribir.
Unha historia que viviron moitos dos nosos antepasados e que viven moitos outros hoxe en día.
Un relato que axuda a comprender a nosa historia e a poñernos no lugar doutros.
Unha historia que nos fai valorar os nosos privilexios...

GRAZAS PROFE CARMEN, E VOLVE PRONTO.


O diario da caixa de fósforos by Slidely Slideshow

martes

VISITA DE ANXO MOURE

Por cortesía dao Consorcio Editorial Galego recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos que fixo as ledicias de todos e todas.
O dinamismo que amosou en todo momento, a súa facilidade para implicar ao alumnado, a empatía, a utilización do elemeto sorpresa.... en fin, un momento moi especial que recordaremos sempre.
Despois da súa visita, o seu libro "O carballo con botas" ( Anxo utiliza as botas vellas para plantar árbores) foi moi demandado polo alumnado de Educación Infantil.
Sorprendeuse cando pediu a colaboración dunha nena á que ía convertir nunha árbore, pero cando lle preguntou o nome... era Faia!. E claro, Faia foi unha faia.
Aquí tedes unhas fotos do momento.


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

venres

BI CÓNTANOS UN CONTO.

Candela tiña moitas gañas de que a súa nai viñera a contar un conto. Pensou que viría na semana na que a nai traballaba pola tarde, pero non puido ser. O 13 de maio trouxo por fin o papeliño no que as familias se apuntaban para isto de vir contar un conto ao cole. Ás 12 viría a sua tía Estefanía.
Cando chegou a hora, había un cambio de plans. Non foi a súa tía a que apareceu, senon o seu tío Bi, ao que deberon  coller por sorpresa esa mesma mañá e convencelo para que viñera. E nunhas poucas horas preparou a súa narración, e a súa "posta en escea". 
Aquí vos deixamos un fragmento da súa intervención.
Dámoslle unha vez máis as grazas e pedímoslle que volva todas as veces que queira.

Grazas Bi!


martes

CONTANDO CONTOS EN ABRIL, E EN MAIO, E EN XUÑO...

Un ano máis convidamos ás familias a vir á escola a contar un conto.
E un ano máis pais e nais aceptaron a nosa proposta. Fixéronnos un agasallo inesquecible, regalándonos o seu tempo. Viñeron cargados e cargadas de sorisos, agarimo e CONTOS.
UNHA VEZ MÁIS GRAZAS A TOD@S





CONTANDO CONTOS by Slidely Slideshow