jueves

DÍA DO LIBRO 2014

Para conmemorar tan sinalada data preparamos unha edición especial de "A Hora do Conto".
Sabiamos que Faia, alumna de 6º de E. Infantil tiña moitas gañas de contar un conto a todos os compañeiros e compañeiras do cole, igual que fixera Candela, a súa compañeira,aló polo 9 de xaneiro. Así que non o dubidamos. 
Preguntámoslle o martes, e ela aceptou. Escolleu un conto e levouno a casa para preparalo.
O mércores pola mañá Faia apareceu no cole cargada cuns monicreques (que fixera a súa nai baseándose nas ilustracións do conto) e cunha moi boa preparación.
Escolléronse unhas compañeiras para acompañar a Faia e suxeitar os monicreques durante a narración (Candela, Mara e Paula) e este foi o resultado.
Seguro que vos gustará tanto como nos gustou a nós escoitalo, que non se oía nin o voo dunha mosca.
GRAZAS FAIA!, GRAZAS MAMÁ DE FAIA!



4 comentarios:

  1. Faia, encantoume escoitar na túa voz o conto de Pétala. Cando vaias en primeiro vas ser toda unha profesional. Estarei atenta para os próximos que contes. Noraboa a ti e ás túas colaboradoras, moitas, moitas felicidades. Recibide un bico de Chispa dende o outro lado da ría.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Chispa. És unha verdadeira e encantadora meiga. Sempre tan atenta ao que pasa ao teu redor. O noso Pulpi anda un pouco máis despistado, pero tamén está pendente do que no cole de Pazos se fai e do que sempre aprendemos. Bicos e apertas.

      Eliminar
  2. Margarida Corral Sánchez21 de mayo de 2014, 12:58

    Grazas a toda a equipa educativa! e grazas ás compas que axudaron a escenificalo! Para que as crianzas amen a leitura non abonda con facelo na casa, vos sodes imprescindíbeis! facedes unha labor incríbel desde a biblio! mágoa que os horarios laborais non nos permitan participar máis activamente! Obrigada de todo o corazón! Para o ano teredes dúas novas contacontos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Será un pracer recibilas, (e a nai tamén). As portas da biblio sempre están abertas á vosa participación. Non tedes máis que comunicalo.
      Bicos e apertas de Pulpi (que como ten oito brazos dá unhas apertas estupendas.

      Eliminar