jueves

ISTO É O QUE PASA CANDO SE LLES LEN CONTOS ÁS NENAS

Hoxe reunímonos na biblioteca para abrir os agasallos que os Reis Magos nos deixaron (podedes ver este momento na entrada do blog correspondente).
Foi despois do recreo, hora na que moitas veces nos reunimos para escoitar un conto.
As caixas de agasallos estaban cheas de libros que Pulpi pediu para nós na sua carta.
Cando todos e todas estabamos a miralos Candela, que só ten 5 anos, pediunos silencio porque nos quería "ler" un conto.
Isto non estaba preparado, pero decidimos que todo momento é bo para ler e escoitar un bo conto.
Así que Candela comenzou a súa "lectura" diante de TOOODOOOO o cole que sorprendeu a pequenos e maiores. 
Moitos non son quen de ler os contos con esta profesionalidade.
E grazas a ter un móbil a man puidemos recoller este momento tan especial que queremos compartir.

GRAZAS CANDELA!!!




3 comentarios:

  1. Noraboa, Candela, es unha contadora de contos marabillosa. Ten razón Pulpi cando di que isto é empezar o ano boa estrela. Felicidades e que se repita. Bicos dende a outra beira da ría. Chispa

    ResponderEliminar
  2. Que mágoa non poder estar aí, en vivo e en directo, para disfrutar do espectáculo. Parabéns para Candela e para todos vós. Frianciño

    ResponderEliminar