xoves

ISTO É O QUE PASA CANDO SE LLES LEN CONTOS ÁS NENAS

Hoxe reunímonos na biblioteca para abrir os agasallos que os Reis Magos nos deixaron (podedes ver este momento na entrada do blog correspondente).
Foi despois do recreo, hora na que moitas veces nos reunimos para escoitar un conto.
As caixas de agasallos estaban cheas de libros que Pulpi pediu para nós na sua carta.
Cando todos e todas estabamos a miralos Candela, que só ten 5 anos, pediunos silencio porque nos quería "ler" un conto.
Isto non estaba preparado, pero decidimos que todo momento é bo para ler e escoitar un bo conto.
Así que Candela comenzou a súa "lectura" diante de TOOODOOOO o cole que sorprendeu a pequenos e maiores. 
Moitos non son quen de ler os contos con esta profesionalidade.
E grazas a ter un móbil a man puidemos recoller este momento tan especial que queremos compartir.

GRAZAS CANDELA!!!




VIÑERON OS REIS MAGOS

Isto foi o que pasou hoxe no cole.


VIÑERON OS REIS MAGOS by Slidely Slideshow

mércores

TEATRO NO NADAL

Unha vez máis a profe Begoña agasallounos cunha representación teatral.
Nesta ocasión as rapazas e rapaces de 5º interpretaron "Na consulta do doutor", unha pequena comedia teatral coa que todos disfrutamos moitísimo.
Para que podades vela unha e outra vez aquí vola deixamos.

MOITAS GRAZAS Á PROFE E AOS ACTORES!!!


luns

PANXOLIÑAS DOS MÁIS PEQUENOS

Estas nenas e nenos están feitos uns artistas.
Aquí podedes escoitar as súas panxoliñas neste Nadal.

DANZA DE NADAL

A danza dáselles ben a estas nenas e nenos de 1º de Primaria. 


PETIT PAPA NOËL.

En segundo de Primaria, ademís de Galego, Castelán e Inglés, tamén lles gusta moito o francés e atrevéronse con esta panxoliña francesa.
Fixéronno moi, pero que moi ben.

LOS COLORES VAN AL PORTAL

Actuación conxunta do alumnado de 1º e 2º, con esta divertida panxoliña que prepararon coa profe Marga.

A RUN RUN

Esta preciosa panxoliña galega é interpretada polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.
Amosaron unha vez máis o seu "bo facer" musical.
Parabéns!!!

AS PINGAS

Canción de inverno a cargo das nenas e nenos de 5º e 6º.
Fixeron o "máis difícil aínda", cantar a tres voces totalmente diferentes en letra e melodía.
Este foi o resultado.

domingo

OBRADOIROS DE POLVORÓNS ARTESÁNS

Este curso, grazas á profe Lydia e ao seu home, cociñeiro de profesión, fixemos un obradoiro de polvoróns.
Na clase construimos  unhas caixiñas con cartolina que decoramos ben bonitiñas (cos nosos debuxos e cunha pegatina do noso Pulpi cociñeiro) para levar á nosa casa os polvoróns feitos por nós.
Tamén levamos a receita escrita para podelos facer na casa.
Traballamos moito e pasámolo moi ben. O cole recendía de marabilla...
E aínda que a Lydia e ao seu home lles fixemos un agasallo ( co noso Pulpi) sabemos que non é dabondo para agradecerlles a súa desinteresada colaboración.
Vaia dende aquí esta peque na homenaxe para eles.
MOITAS GRAZAS!!!!!


OBRADOIRO DE POLVORÓNS by Slidely Slideshow