mércores

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN INGLÉS

E a profe Lola, axudada pola profe Cristina, prepararon cos nenos e nenas de 1º e 2º esta representación teatral en inglés, coa que pechamos o festival de Nadal deste ano.
 Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.


martes

NADAL EN FRANZA. 3º DE E. PRIMARIA

E esta panxoliña foi agasallo de Roberto, o profe de 5º.
Tamén é profe de música, toca moi ben o teclado (como neste video queda demostrado) e fai unhas composicións ben fermosas.
Moitas grazas a el e tamén a Alberto que acompañou co baixo.

SONS DO AR. 6º DE E. PRIMARIA

Esta é a versión instrumental do alumnado de 6º de esta coñecida peza musical.
Frautas, instrumentos de percusión determinada e guitarra compoñen este grupo de instrumentistas.

PIRIMPIMPÍN DO NADAL. 2º DE E. PRIMARIA

Unha letra de Nadal para unha cantiga de sempre.



TAN TAN. 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Mirade que ben cantaron os nenos e nenas de 1º. Dá xenio escoitalos!!!

FAIS DODO. 4º DE PRIMARIA

Para este fermoso canto de berce francés os rapaces e rapazas de 4º inventaron unha sinxela, pero preciosa, estrofa cantada.
Escoitádeos canto queirades.


CANTADE MOCIÑOS E MOCIÑAS. ESCOLA DE O SEIXO.

E fixeron caso ao que dicía a súa panxoliña, e cantaron así de ben.
Sempre é un pracer recibilos e velos participar con nós desta festa.
Un ano máis moitas grazas a todos e todas... e tamén á súa profe.

EDUCACIÓN INFANTIL NO FESTIVAL DE NADAL 2014

Este Papá Noel anda buscando unha árbore axeitada para o Nadal pero como en todas elas habitaban diferentes animais os nomos daqueles bosques tiveron que axudalo.
A Canción orixinal é do grupo "Mamá cabra" do seu disco "Xa me tardan estes Magos" e así de ben a interpretaron os "peques" do cole.

PRESENTADORAS E PRESENTADORES NO FESTIVAL DE NADAL 2014.

Porque o fixeron espectacularmente ben aquí vos deixamos un vídeo coas súas intervencións no Festival de Nadal 2014.
GRAZAS CHIC@S!!

MERENDA, XOGOS E OBRADOIROS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

Mirade que ben o pasamos!!!!



biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

luns

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Un ano máis fixemos unha exposición de cabazas polo Samaín. A colaboración do alumnado e das súas familias foi marabillosa, coma sempre.
Como novidade, este ano, tamén vos animamos a facer colares de zonchos, modalidade na que tamén amosastes unha gran orixinalidade.
MOITAS GRAZAS

Pulpi.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E COLARES by Slidely Slideshow

xoves

CHEGA O SAMAÍN

Para empezar a entrar en materia, aquí tedes este estupendo conto.
A BRUXA REGAÑADENTES.


luns

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro reunímonos na biblioteca para disfrutar da lectura do conto "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín e Nelia Bosnia, editado por Kalandraka.
para isto partimos dun vídeo que atopamos en You Tube que proxectamos sen son na pantalla. CArla, Denisa e Sara de 6º foron as encargadas de ler o conto, acompasado ás imaxes.
Gustounos moito moito.
Aquí vos deixamos unha montaxe do vídeo proxectado e as voces das nosas marabillosas contacontos.
MOITAS GRAZAS CHICAS!!!


venres

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Para celebrar este día, e desexando que todos os nenos e nenas do mundo disfruten de ler e de escoitar contos, xuntámonos na Biblio, para facer precisamente iso.
As nenas e nenos de 3º prepararon unha lectura en Kamishibai para todo o cole. Escolleron "El gato con botas" e demostraron que o tiñan moi ben preparado.

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado 24 de outubro celebramos o Dïa da Biblioteca.
Para iso, xuntámonos na biblio onde os máis pequenos CONTARON CANTANDO o conto "O coelliño branco", do que viamos as imaxes na pantalla.
E como nas imaxes estaba a letra do conto-canción todos puidemos cantar con eles.
Foi un momento moi especial, no que o conto e os nenos e nenas máis pequenos foron os protagonistas. E todo iso unido coa música.

PERFECTO!!!

Aquí tedes a presentación utilizada para cantala sempre que queirades.
A gravación do son é caseira e de baixa calidade, pero para disfrutala cantando ben pode servir.





Despois falamos desta celebración e sobre o motivo que levou a escoller esta data.
Repartimos un tríptico coa información.
Aquí tedes unha réplica do mesmo:






DÍA DA BIBLIOTECA.

Este é o vídeo que compartimos hoxe na biblio.
Aquí volo deixo para que poidades velo cantas veces querades e amosarllo aos vosos amigos e amigas.
Con cariño,

     PULPI.



xoves

SE NON TES UNHA BIBLIOTECA PRETO...

Sempre pode ocurrir que a biblioteca vaia  verte a ti...



DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá 24 de outubro, celébrase O Día da Biblioteca.

E tan só para ir abrindo boca, e para que tod@s vexamos a importancia de poder utilizar unha biblioteca sempre que o desexemos, vos deixo uns vídeos que seguro seguro vos gustarán.


COMO UNHA FORTE DETERMINACIÓN E UNHA BIBLIOTECA CAMBIOU A VIDA DE TODO UN POBO.

Se

martes

MAFALDA DE ANIVERSARIO

Non podiamos deixar pasar esta data!
A pesar de que a biblioteca aínda non estaba aberta (por traballos de acondicionamento), despois do recreo reunimos ao  alumnado de 3º, 4º 5º e 6º, para celebrar o 50 "cumple"de MAFALDA
Na entrada da biblioteca colocamos este cartel


Ademáis espuxemos os libros de Mafalda que temos na biblio.


Xa na bilio, e utilizando a pantalla coñecimos a todos os personaxes destas xeniais tiras cómicas. Tamén soubemos un pouco do seu autor, Quino, que este ano foi PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN.

Se queres ti saber e coñecer máis do autor e de Mafalda clica na imaxe, e accederás a páxina web de Quino.

Imaxe extraída da web do autor.
E como agasallo todos e todas recibimos unha careta de mafalda coma esta:




Ademáis disfrutamos vendo algúns vídeos sobre as súas historietas.
Aquí volos deixamos, por se queredes disfrutar deles outra vez.















venres

ESTAMOS NO BLOG DE BRINCA VAI!

A actuación dos nenos e nenas de 2º de Primaria no Festival de Fin de curso 2014, cantando a canción "Nun libro!",  está no blog Brinca vai!.
Este blog foi creado a partir da publicación do Libro-disco Brinca vai!, do que xa falamos noutras entradas, e conta cun recuncho con vídeos dos nenos e nenas interpretando as súas cancións. tamén na páxina principal aparecemos na entrada do 4 de xullo.
E nós non podiamos faltar!

Esta foi a mensaxe de correo electrónico que enviou Paco Nogueiras (autor das cancións) cando lle enviei o noso vídeo :

Se clicas na imaxe saberás mais deste xenial artista.


Maravilloso! Vai directamente ao noso blogue. A miña noraboa a grandes e pequenos polo traballo ben feito. Chegar ao nivel destes rapaces vai ser complicado, mais seguiremos facendo cousas para que cantedes, bailedes e brinquedes.
É moi emocionante ver que a xente canta as cancións (e así de ben), todo ten sentido grazas a vós. 
Agardo seguir en contacto e gardar esta musical amizade.

Unha aperta enorme!
Moitas grazas.


Se clicas na imaxe podes acceder ao blog de Brinca vai!


mércores

"CAMIÑA DON SANCHO". ACTUACIÓN 5º E 6º DE PRIMARIA FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Un grupo de guitarras preparadas por Alberto (Eva de 2º, Clara, Inés e Lucía de 3º xunto a Iria e Icía de 6º), un oboe (Víctor de 6º) interpretando as introduccións musicais, e cantando a 3 voces os nenos e nenas de 5º e de 6º de Primaria. Todo un luxo do que disfrutamos neste festival de fin de curso 2014.
Para podelo disfrutar unha e outra vez aquí vos queda.


"ESA LUS". ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE E. PRIMARIA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Grazas á xenerosidade do IES. Díaz Castro de Guitiriz coñecimos esta canción que trata da vida e da obra do poeta homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e do que o Instituto leva o nome.
Gustounos dende o primeiro día que a coñecimos, e estes nenos e nenas non paraban de cantala a todas horas.
Este foi o resultado, que sen ser a versión que o alumnado do IES. de Guitiriz interpreta marabillosamente ben, está á altura tomando en conta a idade dos intérpretes. Ademais puxémoslle unha 2º voz no estribillo.


NUN LIBRO. ACTUACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 2º NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

En segundo de Primaria preparamos esta canción, que dalgunha maneira presenta un festival cargado de contos, e constitúe unha homenaxe ao lugar onde o celebramos "A nosa Bbilioteca".
Foi composta por Paco Nogueiras Nodar  e actualmente está editada no libro-cd Brinca vai! na editorial Kalandraka (unha das nosas suxerencias de libros para o verán).
Porque un libro é un  obxecto  máxico, un tesouro a conservar...

O SEÑOR CORPO. 6º DE E. INFANTIL. FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

A partir dun fragmento do texto de Alicia Borrás Sanjurjo, "O señor corpo".
E estes pequenos cantaron así de ben a melodía que compuxo a profe de música.


ESCOLA DE O SEIXO

E un ano máis os nenos e nenas da escola de O Seixo agasalláronnos cunha interpretación musical.
Coas súas mans cheas de cores, con alegría e profesionalidade.
GRAZAS!

O COELLIÑO BRANCO. FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Na clase de 4º e 5º de Educación Infantil preparamos este conto, un dos seus preferidos.
Trátase dun conto tradicional portugués e a partir da edición galega de Kalandraka, escribimos unha letra rimada e puxémoslle música.
E este foi o resultado, (con medo escénico incluido).

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Xa sabedes que os de 5º son moi "teatreiros".
E desta vez prepararon, nin máis nin menos, un fragmento de "Os vellos non deben namorarse", considerada unha das mellores obras de teatro de todos os tempos, e que foi escrita plo noso CASTELAO.
E é que non lle teñen medo a nada. E fan ben, porque a súa actuación foi magnífica.
Aquí vola deixo, (en dúas partes).

martes

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA. FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Os nenos e neneas de 2º de Primaria interpretaron esta fermosa historia, que fala da integración e da solidariedade, e que tod@s deberiamos ter ben presente nas nosas vidas.
Prepararon esta representación coa súa profesora Paula e fixéronno moi, moi, moi ben.
É unha mostra clara de que os chamados "contos para nen@s" son en realidade "contos para tod@s".

A RATIÑA PRESUMIDA. FESTIVAL FIN DE CURSO.XUÑO 2014

Os nenos e nenas de 1º de Primaria prepararon esta representación coa súa profe Lydia. Mirade, mirade que bben o fixeron!

luns

COREOGRAFÍAS DO FESTIVAL.

Este ano houbo un montón de coreografías no Festival de Fin de curso. Unha mostra da capacidade artística do noso alumnado. Un traballo feito integramente por eles. Escollen a música, os pasos, a evolución polo espazo.... E cada vez o fan mellor.
Aquí tedes uns pequenos fragmentos de cada unha delas.
 

"IMOS CAZAR UN OSO". FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Como na clase de mñusica nos gustaba moito contar e cantar este conto, preparámolo para o Festival.
Aquí tedes un fragmento da actuación.



domingo

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

O equipo de Biblioteca e Pulpi seleccionaron estas lecturas como moi axeitadas para ler no verán (ou en calquera outra época).  Tamén poden ser un fermoso agasallo para facer a familiares e amigos.


OBRADOIRO DE OLERÍA. MAIO DE 2014

Este curso, e no mes das Letras Galegas, disfrutamos dun obradoiro moi, moi, especial.
Tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man algúns dos segredos da olería.
Todos fomos probando isto de modelar no torno e con moldes. Todos comprobamos o dificil que resulta facelo ben, e todos nos asombramos da "maxia" e da paciencia do noso Oleiro.


EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º fomos de excursión de fin de curso ás Fragas do Eume.
Camiñamos primeiro monte arriba,(non en balde estabamos en Monfero) ata "O Penedo Gordo", logo ata outro alto dende onde se vía, aló embaixo, o Mosteiro de Caveiro, todo este traxecto cunhas vistas asombrosas.
Logo baixamos e adentrámonos nas Fragas, e todo cambiou de cor.
Camiñamos entre carballos, castiñeiros, fenmtos, musgos... Seguimos a ruta dos tres muiños,abandonados e pouco conservados, situados na ladeira dun monte na que aproveitaban a caída da auga.
Logo seguimos camiñando para chegar de novo ao punto de partida.
Despois fomos no autobús ata a praia de Cabanas onde comimos e xogamos na praia e no pinar ata a hora de regresar.

Aquí tedes unhas fotos da saída.


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

VISITA Á GRANXA DO BELELLE

Como excursión de ffin de curso os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º Ciclo de Primaria visitaron a Granxa do Belelle.
Pasárono de marabilla e foi unha grande emoción para eles montar nos cabalos.
Aquí tedes unha fotos do día.

biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

xoves

FLASHMOB POLO DEREITO Á EDUCACIÓN

A profe Lydia preparou cos seus alumnos de 1º esta magnífica sorpresa . Trátase dun "Flashmob" para defender o dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo.
Quedou así de ben e fixéronnos pasar un bo rato a tod@s.
GRAZAS PROFE!!!!
GRAZAS RAPACES!!!!

TAL CUAL - Concurso Coreos Batidos PULEVA





ESTA É A COREOGRAFÍA QUE PABLO, SARA, UXÍA, CARLA E JUAN PREPARARON PARA O CONCURSO "COREOS BATIDOS PULEVA".

PARA NÓS XA SON GAÑADORES PERO PRECISAN DOS NOSOS VOTOS PARA QUE TAMÉN O SEXAN NO CONCURSO. e O MERECEN!

A VOTAR!

NESTE ENLACE ACCEDEDES Á PÁXINA DO CONCURSO PARA PODELOS VOTAR.



EU APOIO AO GRUPO "TAL CUAL"


mércores

A PROFE CARMEN GÓMEZ VEU CONTARNOS UN CONTO

A profe Carmen tiña moitas, moitas gañas de vir contarnos un conto. E nós de que así o fixera. Así que non houbo máis que falar.
Escollimos o conto. Ela mesma preparou as imaxes para que tod@s puidésemos marabillarnos e puxo voz ao texto. 
El diario de las cajas de fósforos, un álbum ilustrado da Editorial Juventud, escrito por Paul Fleichman e ilustrado por Bagram Ibatoulline.
A historia dunha vida marcada pola pobreza e a emigración. Empezar de cero nun país que non é o propio. O esforzo e o traballo duro para saír adiante... 
Unha historia de cando moitos nenos e nenas nunca aprendían a ler nin escribir.
Unha historia que viviron moitos dos nosos antepasados e que viven moitos outros hoxe en día.
Un relato que axuda a comprender a nosa historia e a poñernos no lugar doutros.
Unha historia que nos fai valorar os nosos privilexios...

GRAZAS PROFE CARMEN, E VOLVE PRONTO.


O diario da caixa de fósforos by Slidely Slideshow

martes

VISITA DE ANXO MOURE

Por cortesía dao Consorcio Editorial Galego recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos que fixo as ledicias de todos e todas.
O dinamismo que amosou en todo momento, a súa facilidade para implicar ao alumnado, a empatía, a utilización do elemeto sorpresa.... en fin, un momento moi especial que recordaremos sempre.
Despois da súa visita, o seu libro "O carballo con botas" ( Anxo utiliza as botas vellas para plantar árbores) foi moi demandado polo alumnado de Educación Infantil.
Sorprendeuse cando pediu a colaboración dunha nena á que ía convertir nunha árbore, pero cando lle preguntou o nome... era Faia!. E claro, Faia foi unha faia.
Aquí tedes unhas fotos do momento.


biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

venres

BI CÓNTANOS UN CONTO.

Candela tiña moitas gañas de que a súa nai viñera a contar un conto. Pensou que viría na semana na que a nai traballaba pola tarde, pero non puido ser. O 13 de maio trouxo por fin o papeliño no que as familias se apuntaban para isto de vir contar un conto ao cole. Ás 12 viría a sua tía Estefanía.
Cando chegou a hora, había un cambio de plans. Non foi a súa tía a que apareceu, senon o seu tío Bi, ao que deberon  coller por sorpresa esa mesma mañá e convencelo para que viñera. E nunhas poucas horas preparou a súa narración, e a súa "posta en escea". 
Aquí vos deixamos un fragmento da súa intervención.
Dámoslle unha vez máis as grazas e pedímoslle que volva todas as veces que queira.

Grazas Bi!


martes

CONTANDO CONTOS EN ABRIL, E EN MAIO, E EN XUÑO...

Un ano máis convidamos ás familias a vir á escola a contar un conto.
E un ano máis pais e nais aceptaron a nosa proposta. Fixéronnos un agasallo inesquecible, regalándonos o seu tempo. Viñeron cargados e cargadas de sorisos, agarimo e CONTOS.
UNHA VEZ MÁIS GRAZAS A TOD@S





CONTANDO CONTOS by Slidely Slideshow

xoves

DÍA DO LIBRO 2014

Para conmemorar tan sinalada data preparamos unha edición especial de "A Hora do Conto".
Sabiamos que Faia, alumna de 6º de E. Infantil tiña moitas gañas de contar un conto a todos os compañeiros e compañeiras do cole, igual que fixera Candela, a súa compañeira,aló polo 9 de xaneiro. Así que non o dubidamos. 
Preguntámoslle o martes, e ela aceptou. Escolleu un conto e levouno a casa para preparalo.
O mércores pola mañá Faia apareceu no cole cargada cuns monicreques (que fixera a súa nai baseándose nas ilustracións do conto) e cunha moi boa preparación.
Escolléronse unhas compañeiras para acompañar a Faia e suxeitar os monicreques durante a narración (Candela, Mara e Paula) e este foi o resultado.
Seguro que vos gustará tanto como nos gustou a nós escoitalo, que non se oía nin o voo dunha mosca.
GRAZAS FAIA!, GRAZAS MAMÁ DE FAIA!



AGASALLAMOS A CANDELA POLO DÍA DO LIBRO

Despois deste máxico momento con que Faia nos engaiolou a tod@s, recordamos aquel en que Candela nos contara un conto (sen preparar) o 9 de xaneiro pasado, poñendo o vídeo que lle fixéramos.
E por ser unha data especial, e para que ela garde un recordo dese día, regalámoslle O SEU CONTO.
Si si, ledes ben, O SEU CONTO.
Coas ilustracións do conto orixinal e o texto do conto que ela nos contou fixemos dous libriños: un para quedar na biblioteca e así podelo ler sempre que queiramos e outro para que ela o levase a súa casa. O dela, ademais, levaba o vídeo gravado nun DVD, para que o conserve coma o que é:
UN TESOURO.


Se queredes tamén podedes ler este conto máis abaixo ( e descargalo no voso ordenador).








E por se o queredes ler na casa, aquí volo deixamos. Pero recordade todos que é "O conto de Candela".

"COMECOCOS DE ANDERSEN"

E para rematar o  Día do Libro 2014 agasallamos a toda a comunidade educativa cun "comecocos" sobre oito contos de Hans Christian Andersen.
Xógase á maneira tradicional, pero ao escoller unha das seccións do xogo, hai que saber dicir o título do conto ao que se refire a frase que alí aparece.
Levantando a solapa comprobamos se acertamos ou non, xa que embaixo aparece o título do conto e mais unha imaxe do mesmo.
Unha maneira divertida e creativa de coñecer oito títulos deste autor e ademais despertar a curiosidade sobre aqueles que aínda non se coñecen.

Aquí vos deixo unhas imaxes do agasallo e máis abaixo un ISSU de onde podedes descargalo.





domingo

OS DE 1º DANLLE Á FROITA

Un ano maís o noso cole participa na Campaña de distribución e consumo de froita fresca na escola, que pretende educar no desenvolvemento de bos hábitos na alimentación.
Lydia, a profe de 1º fotografiou así estes momentos.


SEMANA DA FROITA


More PowerPoint presentations from bibliofranza


Ademais descubriron a canción "Toma mucha fruta" do grupo Bom bom chip, que saben de memoria.
Para que a poidades oír e cantar unha e outra vez vos deixo aquí este vídeo de You tube. Escollimos ese porque está feito nunha escola de Cataluña, coa participación do alumnado do 1º Ciclo.
Disfrutádeo.


sábado

RECITANDO POEMAS NO DÍA DA POESÍA

Con motivo do día da poesía preparamos un recitado poético cos participación de todos os cursos da escola.
Cada clase preparou algún poema para recitar. Algúns recitaron poemas da súa propia creación, amosando a todos e todas a poesía que gardan no seu interior.
Outros escolleron algún poema dunha escolma elaborada polo equipo de biblioteca e prepararon o seu recitado.
Ao final do acto cadaquén recibiu un marcapáxinas de edición especial par este día, así como un caderniño coa escolma poética deste ano.
Aquí tedes un vídeo que mostra este momento.



Ilustración do inicia de Chris Sherban, para "El libro que se sentía solo" de Kate Bernheimer Ed. Juventud



ASÍ É O MARCAPÁXINAS QUE PODEMOS         PERSONALIZAR



E ASÍ DISFRUTAMOS DO NOSO CADERNIÑO DE POEMAS








OS POEMAS DE 4º e 5º

E aquí tedes os poemas que recitou o alumnado de 4º e de 5º no Día da Poesía, escritos e decorados por eles mesmos.
Están feit@s uns artistazos!


Os nosos poemas


More PowerPoint presentations from bibliofranza

luns

24 DE FEBREIRO. DEBUXANDO POEMAS

O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro.
Este ano seleccionamos unha poesía para cada curso de Primaria, que ademais de traballar o texto, engadíríalle imaxe a través das súas propias manifestacións artísticas.
Houbo traballos colectivos e tamén individuais que adornan as paredes do noso centro.
Para que  poidades ver todos os dibuxos, e con moito agarimo, fixemos esta presentación.

domingo

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Para conmemorar esta data no cole teremos unha sesión especial de "A hora do conto", onde escoitaremos diferentes poemas, lidos por alumnado de diferentes idades.
Escoitaremos poemas escritos polo alumnado do centro, e tamén de autores recoñecidos.
Ademaís agasallarémosvos cun marcapáxinas especial, e cun poema da vosa elección, de entre esta selección que aqui vos deixamos.
DISFRUTÉMOLO

(A maioría das poesía obtuvímolas na Biblioteca Virtual Galega)


sábado

EXPOSICIÓN DAS CARTAS DE AMOR

Na entrada do cole fixemos unha exposición con todas as cartas que se presentaron ao concurso, que está sendo moi visitadas polo noso alumnado.
Dende aquí convidamos a toda a comunidade educativa a visitala.
Tamén podedes vela nestas fotos que aquí vos deixamos.

Exposición de cartas de amor by Slidely Slideshow

DIPLOMAS POLO DÍA DOS NAMORADOS

 Así foron os diplomas que o equipo de biblioteca editou para este momento especial.
Diploma para todos os participantes

Diploma para os premiados

domingo

PREMIOS DO "II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR"

Aquí tedes o resultado desta edición do concurso.
Foi moi difícil para o xurado decidir as cartas gañadoras, xa que había moitas e de boa calidade.

RECIBIDE DENDE AQUI, UNHA VEZ MÁIS, O AGRADECEMENTO DO EQUIPO DE BILIOTECA POLA VOSA COLABORACIÓN: MOITÍIISIMAS GRAZAS!



ENTREGA DE PREMIOS

E así fixemos entrega dos premios.
PREMIOS CONCURSO CARTAS DE AMOR by Slidely Slideshow

mércores

ENTROIDO 2014

E por fin chegan ao blog as fotos que recollen a nosa semana do Entroido.





 





Entroido 2014. Mandado do martes. Algo na cabeza.






Entroido 2014. Mandao mércores. Con xoias da cabeza aos pés.




Entroido 2014. Mandaado do xoves. Algún obxecto de traer ou levar á horta.





Entroido 2014. Mandado venres. Zapatos especiais.

E LOGO PUXÉMONOS TOOODOOOO.



luns

MULLERES EN VALOR

O alumnado de 1º da ESO do IES. Xoan Montes elaborou este proxecto documental, referido a aquelas mulleres que aparecían nos billetes de países europeos nos último corenta anos antes da entrada na UE.
Chamoulles a atención que houbera tan poucas mulleres en comparación coa cantidade de homes, que moitas sexan raíñas, ou esposas de..., obreiras exemplares,... . E moi poucas polo seu papel destacado nas artes ou nas ciencias.

Fixeron un traballo estupendo, e dende aquí queremos felicitalos.




Publish at Calameo or read more publications.

Ademáis editaron un xogo para comprobar se recordas os nomes e as imaxes dos billetes.
Animádevos a xogar!!

(Clicade na palabra xogo)


CONTOS PARA O DÍA DA MULLER

domingo

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo foi o  Día da Muller Traballadora (é dicir, de todas as mulleres).
E se alguén pensa que celebrar este día é innecesario invitámoslle a ler o seguinte informe, que fala da situación actual en España, (imaxinade o que pode ser noutros países).


MULLERES INVENTORAS

Aquí vos deixamos esta presentación feita por D. Carlos Torralba, profesor do IES. Dionisio Aguado, e que nos pareceu moi interesante.


Mujeres Inventoras from José María

E se queredes atopar máis mulleres inventoras clicade na imaxe:

 MULLERES INVENTORAS

sábado

NO DÍA DOS NAMORADOS

O pasado 14 de Febreiro celebramos no Cole unha edición especial da "Hora do conto".
Sigrid de 5º e o seu irmán Brais,de 3º , agasalláronnos cunha marabillosa lectura, acompañada das imaxe do conto "AVÓS", de Chema Heras e ilustrado por Rosa Osuna.







Todos nós envellecemos, é lei de vida, Mais a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Unha historia romántica e poética, repleta de matáforas encadeadas.

Podedes escoitalo unha vez máis, aínda que aquí en castelán, neste vídeo.





xoves

CROCODILO NAMORADO

Os nenos e nenas de 3 anos do CPI. de Mondariz puxeron voces a este conto que narra o amor entre Crocodilo e Xirafa. E grazas á súa xenerosidade hoxxe o tedes aquí no noso blog.
DISFRUTÁDEO


mércores

II EDICIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis puxemos en marcha un concurso de cartas de amor para todo a comunidade educativa.
Aquí tedes o cartel anunciador, a circular invitando á particpación e unhas fotos dos buzóns onde depositar as cartas.
Sa vos contaremos como foi.






venres

O MURAL COLECTIVO DA PAZ

Dende aquí podedes contemplar o noso mural colectivo da Paz, así como ler unha e outra vez o fermoso poema que lle dá vida.

Todo un agasallo, non?


mércores

INTERCAMBIO DE LECTURAS POR VIDEOCONFERENCIA

Grazas á profe Alicia tivemos unha experiencia moi moi especial.
Os nenos e nenas do colexio de Barallobre contáronnos un conto por videoconferencia.
Pasámolo de marabilla escoitando aos nosos novos amigos e amigas, e sobre todo porque tamén os veíamos.
Ahhh!... e eles a nós.

Aquí vos deixo unha presentación do momento.



INTERCAMBIO DE LECTURAS


More PowerPoint presentations from bibliofranza

martes

A PAZ NAS NOSAS MANS

Mirade que mural tan fermoso fixeron en 1º e 2º de Primaria.
Pombas feitas coas súas mans, palabras de Paz en cada unha, o Sol nas súas mans, a terra nas súas mans, a Paz nas súas mans.


luns

AS NOSAS ACTUACIÓNS POLA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos no Cole o Día da Paz.
Despois do recreo reunímonos todos na biblioteca para disfrutar unha vez máis dunha representación teatral a cargo dos xa expertos actores e actrices de 5º e dunhas cancións que preparamos en cada ciclo para compartir ese día.(esperamos que sexan do voso agrado, pois aínda que non tivemos moito tempo de ensaiar ,e iso nótase, puxemos todo o noso cariño na nosa participación.






CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Un ano máis colaboramos coa organización SAVE THE CHILDREN recadando fondos a través dunha carreira solidaria.
Por cada volta ao circuito os padriños e madriñas que conseguimos entre as nosas familias e amigos págannos unha cantidade determinada.
Este ano como chove moito e non para celebramos a carreira no Pavillón de Mugardos.
E así foi a nosa xornada.



CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ by Slidely Slideshow

xoves

ISTO É O QUE PASA CANDO SE LLES LEN CONTOS ÁS NENAS

Hoxe reunímonos na biblioteca para abrir os agasallos que os Reis Magos nos deixaron (podedes ver este momento na entrada do blog correspondente).
Foi despois do recreo, hora na que moitas veces nos reunimos para escoitar un conto.
As caixas de agasallos estaban cheas de libros que Pulpi pediu para nós na sua carta.
Cando todos e todas estabamos a miralos Candela, que só ten 5 anos, pediunos silencio porque nos quería "ler" un conto.
Isto non estaba preparado, pero decidimos que todo momento é bo para ler e escoitar un bo conto.
Así que Candela comenzou a súa "lectura" diante de TOOODOOOO o cole que sorprendeu a pequenos e maiores. 
Moitos non son quen de ler os contos con esta profesionalidade.
E grazas a ter un móbil a man puidemos recoller este momento tan especial que queremos compartir.

GRAZAS CANDELA!!!




VIÑERON OS REIS MAGOS

Isto foi o que pasou hoxe no cole.


VIÑERON OS REIS MAGOS by Slidely Slideshow

mércores

TEATRO NO NADAL

Unha vez máis a profe Begoña agasallounos cunha representación teatral.
Nesta ocasión as rapazas e rapaces de 5º interpretaron "Na consulta do doutor", unha pequena comedia teatral coa que todos disfrutamos moitísimo.
Para que podades vela unha e outra vez aquí vola deixamos.

MOITAS GRAZAS Á PROFE E AOS ACTORES!!!


luns

PANXOLIÑAS DOS MÁIS PEQUENOS

Estas nenas e nenos están feitos uns artistas.
Aquí podedes escoitar as súas panxoliñas neste Nadal.

DANZA DE NADAL

A danza dáselles ben a estas nenas e nenos de 1º de Primaria. 


PETIT PAPA NOËL.

En segundo de Primaria, ademís de Galego, Castelán e Inglés, tamén lles gusta moito o francés e atrevéronse con esta panxoliña francesa.
Fixéronno moi, pero que moi ben.

LOS COLORES VAN AL PORTAL

Actuación conxunta do alumnado de 1º e 2º, con esta divertida panxoliña que prepararon coa profe Marga.

A RUN RUN

Esta preciosa panxoliña galega é interpretada polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.
Amosaron unha vez máis o seu "bo facer" musical.
Parabéns!!!

AS PINGAS

Canción de inverno a cargo das nenas e nenos de 5º e 6º.
Fixeron o "máis difícil aínda", cantar a tres voces totalmente diferentes en letra e melodía.
Este foi o resultado.

domingo

OBRADOIROS DE POLVORÓNS ARTESÁNS

Este curso, grazas á profe Lydia e ao seu home, cociñeiro de profesión, fixemos un obradoiro de polvoróns.
Na clase construimos  unhas caixiñas con cartolina que decoramos ben bonitiñas (cos nosos debuxos e cunha pegatina do noso Pulpi cociñeiro) para levar á nosa casa os polvoróns feitos por nós.
Tamén levamos a receita escrita para podelos facer na casa.
Traballamos moito e pasámolo moi ben. O cole recendía de marabilla...
E aínda que a Lydia e ao seu home lles fixemos un agasallo ( co noso Pulpi) sabemos que non é dabondo para agradecerlles a súa desinteresada colaboración.
Vaia dende aquí esta peque na homenaxe para eles.
MOITAS GRAZAS!!!!!


OBRADOIRO DE POLVORÓNS by Slidely Slideshow