jueves

OS PADRIÑOS CONTAN CONTOS

Con motivo do día do libro, un ano máis, os alumnos e alumnas de 2º ata 6º de Primaria fixeron de "padriño ou madriña contacontos" , sendo os seus afillados e afilladas os nenos e nenas das aulas de educación Infantil e de 1º de Primaria.
Para ese día cadaquén elaborou un marcapáxinas moi orixinal para agasallarse mutuamente.
A sorpresa era total para os afillados e afilladas xa que non sabían quen era o seu padriño ou madriña, nin que conto lles ían contar.
Chegado o día agardaban impacientes nas súas aulas. Impacientes e algo nerviosos.
Por fin os padriños e madriñas os foron buscar e os acompañaron ata o lugar do colexio que escolleran para a ocasión.
Durante o tempo marcado para a actividade os padriños e madriñas leron o conto escollido por elles ao seu afillado/a, ensináronlles as ilustracións, falaron do conto e da historia, contestaron ás preguntas que lles fixeron e tamén propuxeron intercambiar os papeis, e que os pequenos e pequenas lles contasen o conto a eles.
Foi, coma en anos anteriores, unha actividade moi satisfactoria e que sembrou a escola de rincóns de lectura e de momentos especiais de convivencia.
Calquera sitio serve para contar e escoitar un conto se o conto así o merece.
Aquí tedes imaxes deste día tan especial.
Grazas a todos e todas!

By Slide.ly - SlideShow Maker

No hay comentarios:

Publicar un comentario