viernes

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O pasado día 12 do 12 de 2012, seguindo unha proposta da Coordinadora Galega de ENL, á que se sumaron moitos centros educativos galegos, limos poemas de Celso Emilio Ferreiro.
Esta ano celébrase o centenario do seu nacemento, e esta sinxela e especial homenaxe era unha moi boa maneira de rematar esta celebración.
Na lectura dos poemas participaron todos os alumnos e alumnas do Centro. O alumnado de E. Infantil, coa axuda das profes Sonia e Sofía e coa inestimable colaboración de Alberto, o conserxe, musicou un poemiña que interpretou maxistralmente.
Neste vídeo podedes ver un resumo do resultado.




2 comentarios:

  1. Fermoso traballo. Noraboa a todos os alumnos e alumnas polo resultado tan bonito. Seguro que pagou a pena formar parte deses trinta mil... nun día tan "doce".
    Apertas dende a Biblio Xoán Farias.

    ResponderEliminar
  2. Bravo Icía e Carla, as nosas primas, o fixéchedes moi ben. Miriam tamén leu a Celso, nos Casais de Maniños. ¡Porque nos gusta, porque nos peta e queremos, porque nos dá a gana, porque nos sae de dentro...!
    Mil bicos. Mmmmmuas.

    ResponderEliminar