mércores

O NADAL E A RECICLAXE

Como nos últimos anos o noso cole participou na campaña do comercio de Mugardos de elaboración de adornos de Nadal con materiais de reciclaxe. E cada ano sorpréndenos a capacidade creadora, a orixinalidade e a beleza das diferentes propostas. Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados. Xulgade vós mesmos.

Biblioteca de Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

NADAL EN PLASTILINA

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria están feitos uns verdadeiros artistas da escultura. Pouquiño a pouco e entre todos foron construíndo estes nacementos e adornos de Nadal tan suxerentes. Non podiamos deixar de amosárvolos. A que están estupendos?

biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

luns

O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

E aquí tedes o caderniño sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro así como a selección de poemas que se escolleron no cole .

sábado

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O pasado día 12 do 12 de 2012, seguindo unha proposta da Coordinadora Galega de ENL, á que se sumaron moitos centros educativos galegos, limos poemas de Celso Emilio Ferreiro.
Esta ano celébrase o centenario do seu nacemento, e esta sinxela e especial homenaxe era unha moi boa maneira de rematar esta celebración.
Na lectura dos poemas participaron todos os alumnos e alumnas do Centro. O alumnado de E. Infantil, coa axuda das profes Sonia e Sofía e coa inestimable colaboración de Alberto, o conserxe, musicou un poemiña que interpretou maxistralmente.
Neste vídeo podedes ver un resumo do resultado.




martes

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Pulpi desexa que pasedes unhas moi boas festas, acompañados e acompañadas polas vosas familias, amizades e por suposto unhas boas lecturas.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.

luns

10 DE DECEMBRO. CONMEMORACIÓN DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas dende 1945, data na que os países fundadores da Organización, acordaron impedir que los horrores da Segunda Guerra Mundial se reproducisen. Tres años despois, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Asamblea Xeral concluíu que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persona humana "son os fundamentos para a liberdade, xusticia e paz no mundo".
En 1950 a Asamblea Xeral invitou a todos os Estados membros ás organizacións interesadas a que conmemorasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

 Nesta presentación atoparedes os 30 artigos cunha linguaxe sinxela, para que os poidades comprender ben e para que non se vos esquezan.

xoves

6 DE DECEMBRO. DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para que poidades comprender un pouco mellor o que celebramos hoxe 6 de decembro vos deixo aquí este vídeo que a profe Paula atopou no blogue Aula TIC do C.E.E. TERRA DE FERROL.
Disfrutádeo.





Gracias ao C.E.E. Terra de Ferrol pola súa aportación e grazas a Paula por atopala.


Ademais tamén podedes ver, pinchando nesta imaxe, a Constitución explicada para nenos elaborada polo Parlamento de Canarias.


Pulpi.


mércores

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para fomentar o apoio á dignidade, ós dereitos e ó benestar das persoas discapacitadas e promover a súa integración plena na sociedade  e en condicións de igualdade.
Porque todos e cada un de nós temos un espazo propio, porque todos e cada un de nós ten moito para dar e moito que recibir.
Aquí deixamos estes marabillosos contos que poden axudar a comprender mellor o que queremos dicir:











Construamos nós tamén pontes que nos axuden a estar máis preto.
A Biblioteca pode ser unha grande ponte ¿non vos parece?






Agradecemos a bibliocabe.blogspot este marabilloso cartel. Se clicas na imaxe accederás ao seu blog.


E a música tamén é unha gran ponte.Non si?





Sigamos a buscar pontes

martes

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día tan especial e tan importante, Teresa, de 6º de Primaria, contounos o conto de "Rosa caramelo".

Aquí poderedes ver unhas fotos dese momento, un vídeo do conto narrado así como outros que tamén se traballaromn en outros cursos.






arturo y clementina