lunes

ESTE CONTO É DE CINE!

 O noso cole participa na campaña Nós tamén creamos!, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!
Podedes ver moitas curtas marabillosas creadas polos centros participantes e todas baseadas nun
conto na sección infantil da web da CRTVG.(preme no enlace)
Aínda que haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria, pola nosa parte xa temos acadado o mellor premio de todos, ese que non se pode mercar: ter vivido esta experiencia tan especial e sentirnos tan orgullosos do traballo realizado.

Aquí deixamos a nosa curta. Esperamos que vos guste.

6 comentarios:

  1. Que lindoooooo, menudos artistas en potencia, os parabéns dede o IES de POIO.
    Anxos.

    ResponderEliminar
  2. Marabilloso!!!! Creativos e inxeniosos ademáis de divertidos.
    Saúdos desde Cambre.
    CEIP Wenceslao FF.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polo voso comentario.
      Alegrámonos moito de que vos guste.
      Saúdos de Pulpi e de todo o elenco desta curta.

      Eliminar
  3. Fantástico traballo. Moi boas as voces dos nenos e nenas.
    Moi bó traballo das profes.
    Unha aperta.
    Óscar Mourenza Fernández (CEIP María Barbeito.- A Coruña)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Óscar.
      Alegrámonos moito de que che guste. A nós encántanos o resultado e encantounos facelo.
      Un saúdo moi especial para ti de todos e unha aperta.
      Carmen Sanmartín en nome do Pulpi e de todos os que participaron neste proxecto.

      Eliminar