mércores

O NADAL E A RECICLAXE

Como nos últimos anos o noso cole participou na campaña do comercio de Mugardos de elaboración de adornos de Nadal con materiais de reciclaxe. E cada ano sorpréndenos a capacidade creadora, a orixinalidade e a beleza das diferentes propostas. Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados. Xulgade vós mesmos.

Biblioteca de Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

NADAL EN PLASTILINA

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria están feitos uns verdadeiros artistas da escultura. Pouquiño a pouco e entre todos foron construíndo estes nacementos e adornos de Nadal tan suxerentes. Non podiamos deixar de amosárvolos. A que están estupendos?

biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

luns

O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO

E aquí tedes o caderniño sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro así como a selección de poemas que se escolleron no cole .

sábado

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O pasado día 12 do 12 de 2012, seguindo unha proposta da Coordinadora Galega de ENL, á que se sumaron moitos centros educativos galegos, limos poemas de Celso Emilio Ferreiro.
Esta ano celébrase o centenario do seu nacemento, e esta sinxela e especial homenaxe era unha moi boa maneira de rematar esta celebración.
Na lectura dos poemas participaron todos os alumnos e alumnas do Centro. O alumnado de E. Infantil, coa axuda das profes Sonia e Sofía e coa inestimable colaboración de Alberto, o conserxe, musicou un poemiña que interpretou maxistralmente.
Neste vídeo podedes ver un resumo do resultado.




martes

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Pulpi desexa que pasedes unhas moi boas festas, acompañados e acompañadas polas vosas familias, amizades e por suposto unhas boas lecturas.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.

luns

10 DE DECEMBRO. CONMEMORACIÓN DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas dende 1945, data na que os países fundadores da Organización, acordaron impedir que los horrores da Segunda Guerra Mundial se reproducisen. Tres años despois, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Asamblea Xeral concluíu que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persona humana "son os fundamentos para a liberdade, xusticia e paz no mundo".
En 1950 a Asamblea Xeral invitou a todos os Estados membros ás organizacións interesadas a que conmemorasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

 Nesta presentación atoparedes os 30 artigos cunha linguaxe sinxela, para que os poidades comprender ben e para que non se vos esquezan.

xoves

6 DE DECEMBRO. DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para que poidades comprender un pouco mellor o que celebramos hoxe 6 de decembro vos deixo aquí este vídeo que a profe Paula atopou no blogue Aula TIC do C.E.E. TERRA DE FERROL.
Disfrutádeo.





Gracias ao C.E.E. Terra de Ferrol pola súa aportación e grazas a Paula por atopala.


Ademais tamén podedes ver, pinchando nesta imaxe, a Constitución explicada para nenos elaborada polo Parlamento de Canarias.


Pulpi.


mércores

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para fomentar o apoio á dignidade, ós dereitos e ó benestar das persoas discapacitadas e promover a súa integración plena na sociedade  e en condicións de igualdade.
Porque todos e cada un de nós temos un espazo propio, porque todos e cada un de nós ten moito para dar e moito que recibir.
Aquí deixamos estes marabillosos contos que poden axudar a comprender mellor o que queremos dicir:











Construamos nós tamén pontes que nos axuden a estar máis preto.
A Biblioteca pode ser unha grande ponte ¿non vos parece?






Agradecemos a bibliocabe.blogspot este marabilloso cartel. Se clicas na imaxe accederás ao seu blog.


E a música tamén é unha gran ponte.Non si?





Sigamos a buscar pontes

martes

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día tan especial e tan importante, Teresa, de 6º de Primaria, contounos o conto de "Rosa caramelo".

Aquí poderedes ver unhas fotos dese momento, un vídeo do conto narrado así como outros que tamén se traballaromn en outros cursos.






arturo y clementina


xoves

MAGOSTO E SAMAÍN 2012

Este ano, como nos anteriores, celebramos o Magosto e o Samaín polas mesmas datas.
Con motivo do Samaín houbo unha exposición de libros de medo na biblioteca.
Ademáis houbo sesións especiais de "A hora do conto".
Os rapaces e rapazas de 4º fixeron unha lectura colectiva do conto "A bruxa Regañadentes" e o fixeron moi, pero que moi ben.
Aquí tedes unhas fotos do momento.





Gustounos moito e estivemos moi atentos.




E aquí tedes un vídeo moi chulo sobre este conto que tanto nos gustou.




mércores

E ADEMÁIS TEATRO

Tamén, e con motivo do Samaín, o alumnado de 5º de Primaria preparou unha adaptación teatral do conto "O home do saco". Gustounos moito porque aínda que iamos con medo, a verdade é que daba bastante risa. Parabéns a estes marabillosos actores e actrices. Volvede pronto a agasallarnos con outra destas obriñas.




                     







EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO









                      EXPOSICIÓN DAS NOSAS CABAZAS

</b>

                               

martes

XOGOS NO MAGOSTO

E durante o Magosto, ademáis de comer castañas asadas e boliños preñados, facemos unha sesión de xogos populares e celebramos O Día do Peón.
Este ano os xogos escollidos foron: Carreira de sacos por relevos, Tiro da corda e o Pano para os de Primaria.Os de Infantil xogaron ao Tragacastañas e a "Dispáralle ao Samaín".
Pasámolo moi ben e a participación de tod@s foi moi entusiasta.

Aquí tedes algunhas imaxes dese día.


xoves

A VOSA OPINIÓN É IMPORTANTE

Para celebrar o Día das bibliotecas a Pulpi ocurreúselle que deixedes os vosos comentarios respondendo a unha sinxela pregunta:



QUÉ É PARA TI A NOSA BIBLIOTECA?



 Anímate!
 A Pulpi encantaralle saber que é o que pensas.
     Só tes que clicar en comentarios, escribir o que queiras e poñer o teu nome.
Con todos os comentarios que poñades crearemos unha entrada especial.

martes

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA

A nosa biblio, e todas as Biblios, están de festa.
Hoxe é o seu día e non queremos que se nos esqueza felicitala.
Esta entrada é para facelo e de paso aprender algo máis.


FELICIDADES!









Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do Día da biblioteca (24 de outubro), no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenose nenas e todos os mozos e mozas teñen no seu centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar.


domingo

FUNDACIÓN BARRIÉ

Aquí tedes as fotos da visita que o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo á Fundación Barrié este curso. Ademais de visitar unha exposición moi interesante sobre a importancia dos rótulos nas nosas vidas, participaron nun obradoiro onde crearon o seu propio rótulo en movemento. Amosaron en todo momento unha grande capacidade creativa e un estupendo traballo en grupo. Noraboa artistas!





Se clicades nas palabras baixo as imaxes poderedes ver as suas creacións en movemento.
Río
Parque
Pez

mércores

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. XUÑO 2012

AQUÍ TEDES O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DO ÚLTIMO FESTIVAL.
TODO UN LUXO

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do cole de Franza e aos da Escola de O Seixo polas súas extraordinarias actuacións no Festival de Fin de Curso deste ano.
Foi un festival ameno, divertido e con moitas sorpresas.
En todo momento amosáchedes unha grande profesionalidade e moita, moita arte.
Grazas e noraboa a todos e todas.
Aquí vos deixamos algúns deses momentos marabillosos con que agasalláchedes ao público.


4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E O XOGO DA CARRASQUIÑA




3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E O ROMANCE DE SABELA E BERNALDINHO





2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E A PERCUSIÓN DE SILLA ESCOLAR

luns

ESTE CONTO É DE CINE!

 O noso cole participa na campaña Nós tamén creamos!, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!
Podedes ver moitas curtas marabillosas creadas polos centros participantes e todas baseadas nun
conto na sección infantil da web da CRTVG.(preme no enlace)
Aínda que haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria, pola nosa parte xa temos acadado o mellor premio de todos, ese que non se pode mercar: ter vivido esta experiencia tan especial e sentirnos tan orgullosos do traballo realizado.

Aquí deixamos a nosa curta. Esperamos que vos guste.

sábado

DÍA DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO

Nesta data sinalada un grupo de alumnos e alumnas do 2º Ciclo coa colaboración de dous profesores e do Equipo de Normalización Lingüística realizaron unha magnífica montaxe teatral para todos na biblioteca.
Contaban coa axuda inestimable dun narrador que leía a histora "A casa dos Porcos" mentres se representaba na escea. Tamén contaban coa colaboración entusiasta do conserxe como técnico de son.
Como podedes ver no vídeo non lles faltou de nada.
Todo o público disfrutou moito, valorou o feito de que as tarefas da casa sempre recaian nas mulleres como unha inxusticia e apreciou a necesidade  de compartilas.

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro editamos este pequeno caderno para agasallar ao noso alumnado e así achegarlo un pouco máis á figura desta nosa poeta.
Traballouse de distintas maneiras en cada titoría e nas clases de música.
Para que nunca se nos perda gardámolo aquí, no blog.
Para todos e todas con moito amor.
Pulpi.



Para saber máis de Rosalía clica nas imaxes.







venres

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

MAXIA NA BIBLIOTECA

Se queredes saber o que fan os libros pola noite, cando ninguén os visita, nos vos perdades estes vídeos que fixo o matrimonio formado por Sean Ohlenkamp y Lisa Blonder Ohlenkam para a promoción dunha librería de Toronto e que atopamos hai pouco na rede.




martes

¿SABEMOS FACER AMIGOS?

Achégase o Día da Paz e a Non Violencia, pero todos e todas sabemos que é algo que temos que conseguir todos e cada un dos días do ano.
Tamén sabemos que o único camiño é o noso esforzo diario (o de todos e todas) e empezando polos que temos máis cerca.
Estes vídeos tan graciosos que vos propoñemos seguro que nos farán pensar un pouco máis sobre os nosos comportamentos (aínda que os protagonistas sexan animais) e aprender a ser mellores persoas.
¡Disfrutádeos!

¿DEBEMOS REXEITAR A ALGUÉN POLO SEU ASPECTO?




¿DEBEMOS CRERNOS MELLORES QUE OS DEMAIS?





A IMPORTANCIA DO TRABALLO EN EQUIPO

xoves

FESTIVAL DE NADAL.

Como cada ano, no cole celebramos o Nadal.
Viñeron os Reis Magos e recolleron as cartas.
A ANPA convidou a tod@s a un chocolate con churros que estaba espectacular.
Logo, na biblioteca, celebramos o noso festival xunto á Escola de O Seixo.
Dende aquí queremos transmitir o noso agradecemento a todos os que fixeron posible esta marabillosa celebración.
Unha aperta.

A VOLTAS COA RECICLAXE