xoves

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como sabedes polas noticias que desafortunadamente se repiten con moita frecuencia, a violencia de xénero é un grande problema na sociedade actual.
Para evitalo é moi importante EDUCAR.
Educar a nenos e a nenas na igualdade, no respecto dos outros e no respecto por un mesmo.
Atopamos na rede este vídeo que seguro nos fará pensar a tod@s na importancia de ser quen verdadeiramente se é.

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 25 de novembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e ademais o 10 de decembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No Cole, para conmemorar estas datas traballamos cuns libros que ademais foron lidos na Biblioteca por alumnado de 6º na "Hora do Conto".
Tamén recibimos a actuación da Compañía Ghazafellos (por cortesía do Concello de Mugardos), cunha montaxe teatral que incluía estes tres contos nunha única historia.
Encantounos e por iso fixemos esta presentación. (Fai clic para pasar de diapositiva)