mércores

14 DE FEBREIRO. SAN VALENTÍN

Como en anos anteriores, na entrada do Colexio puxemos o buzón onde deixar as cartas de amor e/ou amizade.
Asimesmo nas aulas tiñamos os papeis deseñados para as cartas, que este ano tiñan como motivo decorativo este Cupido tan encantador.





E por fín chegou o día tan esperado.
Xuntámonos na biblioteca,  esperando o reparto das cartas, que correu a cargo dun carteiro moi especial.
Había cartas para todas e para todos. ¡Ata para o novo conserxe!
Este cupido fai marabillas, ¿a que si?
¡Mirade, mirade que espectación!

¡CHEGA O CARTEIRO ! REPARTO DAS CARTAS DO DÍA DOS NAMORADOS

A HORA DO CONTO

A edición de "A hora do conto" desta semana de San Valentín foi, por suposto, especial.
Icía, de 3º leu a historia de "FONCHITO Y LA LUNA" do escritor gañador do último premio Nobel de literatura: Mario Vargas LLosa.
Fonchito está namorado de Nereida, unha compañeira do colexio. Un día...
Nesta historia aprendimos que ás veces por amor somos capaces de facer cousas que semellan imposibles... mesmo baixar a Lúa.
Trátase dunha fermosa historia e dunhas marabillosas ilustracións de Marta Chicote Juíz.








"AS NOSAS HISTORIAS DE AMOR"




Pareceunos interesante "escribir" un libro colectivo, formado por historias de amor da xente cercana ao noso alumnado.
Para facelo posible os alumnos entrevistaron a alguén próximo a eles (pais, avós, irmáns, tíos, veciños...) de acordo a unhas preguntas predeterminadas. Debían tomar nota das respostas para así poder redactar a historia de amor de xeito definitivo.
Historia a historia nacerá un fermoso libro, que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca e de seguro que será dos máis solicitados.
¡Xa vos contaremos o final!

PALABRAS DE AMOR

DÍA DOS NAMORADOS

Fixemos un fermoso mural cheo de palabras relaccionadas co amor.
Cada neno e cada nena da escola escolleu a palabra que máis lle gustou.
Empezaron os máis pequeniños e a lista das palabras escollidas ía pasando de clase en clase para evitar repeticións.
Despois cada un escribiu e decorou a súa palabra nuns papeis especiais.
Finalmente pegáronse no "mural base": dous enormes corazóns vermellos.



luns

AS NOSAS MENSAXES DE PAZ

                                            

Aquí tedes unhas fotos dalgunhas das vosas mensaxes de paz.

Primeiro cadaquén coloreou esta plantilla como máis lle gustou, dende os máis pequeninos aos máis grandes.
Despois, polo reverso todos escribiron a súa mensaxe de paz. Plastificámolas e decoraron os nosos corredores.


<>




A PAZ EN IDIOMAS

En 3º e 4º de Primaria investigaron como se escribe PAZ en outros idiomas do mundo.
Co resultado da súa investigación elaboraron un bonito cartel.



A que quedou ben?

xoves

O ARCO DA PAZ

Este ano, no Día da Paz, o alumnado de Educación Infantil e o de 1º e 2º de Educación Primaria elaboraron un fermoso mural.
Asimesmo aprenderon e recitaron unha poesía onde contaban como o fixeran.
Nesta presentación podedes ver o resultado.
 Vai acompañado dunha das máis fermosas cancións da historia do Jazz. (Louis Amstrong, "What a wonderful world")
¡Noraboa por tan fermoso traballo!
(Clica cada vez que queiras avanzar de diapositiva)

O ARCO DA PAZ

luns

Marabilloso vídeo sobre o Guernica en 3 D

PARA SABER MÁIS DO GUERNICA

O NOSO GUERNICA

Este ano, para conmemorar o Día da Paz, o 2º e máis o 3º ciclo de Primaria traballaron o Guernica, famoso cadro do pintor andaluz Pablo Picasso. Para iso dividimos o cadro en 32 fragmentos e cada alumno pintou a parte que lle correspondía. Para facer máis noso o cadro, decidimos darlle personalidade utilizando cores diferentes ás orixinais. Deste xeito o alumnado entendeu e percibiu máis de cerca as distintas figuras que o autor representou no cadro. E aquí temos a mostra de como foi a súa elaboración e posterior resultado. Noraboa!